A Primeira República Española: Causas, Etapas e Consecuencias
A Primeira República Española (1873-1874)
Coñécese como Primeira República ao réxime político vixente en España entre 1873 e 1874. Xorde como consecuencia dun resultado enganoso nas Cortes. Recoñecida por Suíza e EEUU, a maneira que ten de proclamarse, depreciando as urnas, aventura un gran fracaso. En consecuencia, os españois non entenderon ben a república, e o descontrol dominaba o panorama social. Apareceron xuntas revolucionarias pedindo librar aos fillos do problema das quintas.
Primeira Etapa: A República Federal
A primeira etapa comezou o 11 de febreiro de 1873. O primeiro presidente foi Figueras, auxiliado polos ministros de Amadeo e os republicanos. Tivo que facerlle fronte ao conflito entre os federais e os unitarios. Figueras convocou eleccións con respecto ás cortes constituíntes, cunha gran maioría de federais. Debido a isto, España converteuse nunha república federal en mans de Pi y Margall. Os obxectivos eran a descentralización do estado, consolidar a democracia e elaborar a Constitución de 1873. Este proxecto baseábase na soberanía popular con sufraxio universal masculino. As cortes eran bicamerais e buscaban a descentralización en 17 estados, a liberdade de culto e a separación de poderes en lexislativo, executivo, xudicial e relacional.
Conflitos da República
A República tivo que enfrontarse con moitísimos conflitos abertos:
- Carlismo: Unha guerra civil que se extendía e contaba co apoio das potencias europeas.
- Cuba: Unha historia de “promesas incumprida".
- Cantonalismo: Un fenómeno moi complexo que aconteceu da man dos sectores populares decepcionados. Foi un movemento federal dende abaixo moi fragmentado cuxo obxectivo era a descentralización. Nesta época caeu Pi y Margall e deu paso a Salmerón. Este tivo unha represión máis fácil.
Segunda Etapa: A República Unitaria
A segunda etapa, a república unitaria, comezou con Castelar dando un importante xiro á dereita. Como consecuencia disto, pecharon as cortes. A base de decretazos, derrotaron a Castelar cunha moción de censura e propiciouse a creación dun novo goberno federal. Como consecuencia, a liquidación da república comezou co golpe de Pavía. A Primeira República pecharíase co golpe de estado de Martínez Campos, co fin de establecer a Alfonso XII como rei de España.