Organización do Imperio de Carlomagno e a Época de Inseguridade na Idade Media

Historia4,1 KB

Creación e organización do imperio de Carlomagno

Os reis eran débiles, deixaron o poder nas mans dos mordomos de palacio. Carlos Martel no ano 732 derrotou os musulmáns na batalla de Poitiers. O seu fillo Pipino o Breve destronou o último monarca franco. Carlomagno conquistou o reino lombardo e apoderouse de territorios na península ibérica. No ano 800 o papa coroouno novo emperador de Occidente. Residiu en Aquisgrán onde gobernaba o imperio que organizou en condados e marcas.

Condados

Correspondían ao território dunha cidade administrados polos condes.

Marcas

Territorios fronteirizos cun exército ao mando dun marqués.
Tamen contaba cos missi dominici, inspectores que vixiaban os condes, os marqueses e os bispos mais poderosos.
Cando os fillos de Carlo (Luís o Piedoso) o imperio dividiuse entre os seus descendentes: Carlos, o Calvo na parte occidental, Luís, o Xermánico na zona oriental e Lotario, que herdou o título de imperador e o território entre os dous.

Época de inseguridade

Cara o ano 1000 Europa estaba dividida en estados e reinos. As guerras entre eles e chegaron novos invasores:
Viquingos ou normandos: eran de Escandinavia. Conquistaron as illas británicas, o norte de Francia e o sur de Italia.
Magiares ou húngaros: das estepas de Asia, fundaron o reino de Hungría.
Sarracenos: piratas musulmáns do norte de África devastaban costas europeas coas súas pillaxes.

A debilidade dos reis

Durante os séculos IX e X os reis tiñan escaso poder, tanto que na economía non podían cobrar impostos. A principal fonte de impostos proviña do seu patrimonio.
A curia ou consello real formábase por familiares e amigos que axudaban aos reis nas tarefas de goberno.

Feudalismo

Os nobres converteronse en servos, pero estaban ligados ao rei por un pacto de vasalaxe.
O nobre presentaba unha homenaxe ao seu señor e convertíase en vasalo.
O monarca concedíalle un feudo, unhas terras que gobernaba e explotaba a través dos campesiños.
As terras que constituían o feudo dividíanse en dous tipos:
A reserva señorial: parte do feudo coa explotación que reservaba o señor, que incluía o castelo, as terras, e os prados e bosques.
Os mansos: porcións de terra que o señor lles concedía aos campesiños.

A nobreza

A sociedade medieval organizouse en tres grupos chamados estamentos:
A nobreza: cabaleiros e as súas familias.
O clero: monxes e sacerdotes.
Os traballadores: campesiños, artesáns e comerciantes.
Os nobres: a principal actividade era a guerra. Os pequenos iniciaban sendo paxes e escudeiros.
As damas da nobreza: a función principal era contraer matrimonio e ter fillos, ocupábanse de educar aos fillos pequenos.

Os campesiños

Dividíanse en:
Servos: traballaban para o señor gratuitamente, cultivando terras a cambio de alimentos.
Campesiños libres: vivían nas aldeas e podían abandonar o feudo.
O traballo no campo era duro. Traballaba toda a familia con ferramentas moi rudimentarias como fouces, gadañas, asixadas...
Cultivaban só a metade do terreo cada ano e deixaban a outra metade sen cultivar para que recuperase a súa fertilidade. Cultivaban trigo, cebada, legumes e hortalizas.
Os campesiños vivían en pequenas aldeas, arredor delas adoitaban poñer campos de cultivo, preto das casas había hortas familiares e finalmente atopábase bosque.

O poder da igrexa

O clero estaba dividido en clero secular e regular:
O clero secular: cardeais, bispos, arcebispos e sacerdotes.
O clero regular: ordes relixiosas ecabezadas polo abade ou abadesa.
A igrexa tiña un gran poder relixioso e político, os campesiños pagábanlle á igrexa unha décima parte das súas colleitas.
Na Idade Media a maior parte de Europa profesaba o cristianismo. No sur da península ibérica foron gañando territorio musulmán.

Descargar

PDF Word HTML