Novecentismo, Vanguardias e Literatura Española
Novecentismo e Vanguardias
Novecentismo: Movimento cultural. Segunda década do s.XX. Utilizaban como nome e bandeira o novo século e se opoñían ao 1800. Buscan xerar unha literatura que dea lugar a novas inquedanzas intelectuais. Eran profesionais, formados titulados universitarios. Os seus escritores compartían características como o Racionalismo (análise fría e obxectiva das circunstancias e claridade expositiva), Antirromanticismo (Recházase o sentimental e pasional), Defensa do arte puro (o arte non debe ser, só ten que proporcionar pracer estético), Aristocratismo intelectual (Os textos estaban dirixidos a lectores entendidos), Estilo coidado (Buscábase un estilo pulcro e depurado).
Ao tempo que os novecentistas se desenvolvían en España, introducíronse as vanguardias desde Europa, compartindo rasgos comúns, polo que é difícil establecer unha fronteira entre ambos estilos.
1.- O ENSAIO: AUTORES
-José Ortega y Gasset: Destacou en España ata o punto en que se converteu na figura intelectual de referencia durante varios anos. (A deshumanización do arte). O seu estilo era intelectual, antirromántico e antirrealista. O arte tiña que deshumanizarse coa desaparición de elementos humanos, para o que se usaba da metáfora.
2.- A NOVELA
-Gabriel Miró: Nel distínguese unha etapa modernista e outra na cal atopa o seu estilo persoal cunha prosa elaboradísima que busca a perfección formal. (O bispo leproso).
-Ramón Pérez de Ayala: Influenciado por Galdós, escribe as súas primeiras novelas que relatan a crise de conciencia e as últimas, diferentes ás anteriores, nas que lle daba moita importancia ás reflexións sobre temas diversos cun tono irónico e certo relativismo ideolóxico.
3.- A POESÍA
-Juan Ramón Jiménez: Poeta máis importante da poesía novecentista española. JR foi un exemplo da entrega á súa obra poética, nel únense poesía e vida / ética, estética, comportamento moral e literatura. O autor concibe a súa Obra como unha unidade na que se atopan os seus novos textos pero que está en constante estado de corrección, sempre á procura da perfección absoluta. Na súa Obra diferéncianse tres etapas: Época sensitiva: Unha poesía pura de estilo sencillista, influenciada por Bécquer (Arias Tristes). Época intelectual: A iniciou coa súa obra (Diario de un poeta recién casado) e abre a poesía española ás innovacións vanguardistas (Eternidades). Época suficiente ou verdadeira: Comprende os anos do seu exilio. Carácter metafísico. (No outro costado)
As Vanguardias
Serie de movementos que se desenvolven desde principios do s.XX ata o inicio da WWII. Todos tiñan vontade de experimentación e experimentaban unha forte negación ao pasado artístico. Buscan escandalizar á burguesía.
-Cubismo: Descompoñer a realidade para formar libremente conceptos, imaxes, frases, etc. Os escritores atenden aos aspectos visuais da obra.
-Futurismo: Escribían cunha vitalidade iconoclasta e exaltando as máquinas e a técnica. O estilo busca a rapidez, e o dinamismo rompendo coa sintaxe. Pouco popular.
-Dadaísmo: Tristan Tzara. Movemento claramente destructivo, era absurdo, ilóxico e incoherente, de carácter provocador, agresivo e irónico.
-Expresionismo: Non nega a tradición artística como o resto de istmos. Pensan que o arte debe ser unha expresión da realidade interior e pretende elevala, para o cal se vale da deformación.
-Surrealismo: Fundado por André Breton. Interesábase polo subconsciente e os soños. A obra debe reflectir todo aquilo que se atopa reprimido no interior das conciencias. Valeuse de impresionantes metáforas, ilogicismo, e a consideración dos soños como material creativo. Influenciou á xeración do 27.
1.- As vanguardias na literatura española
O pioneiro impulsor das vanguardias foi Ramón Gómez de la Serna, quen ideou a greguería (combinación do humor e metáfora).
Os dous movimentos Vanguardistas dentro da literatura española son:
-Creacionismo: Vicente Huidobro. Eran obras sen significado algún, un arte que nin define nin traduce a realidade.
-Ultraísmo: Fundiu elementos do Cubismo e o Futurismo. Propuxo o antisentimentalismo, a deshumanización e os temas futuristas. Guillermo de la Torre creou “poemas visuais”. A súa finalidade era a deshumanización da poesía.