O nacemento da razón e o método científico na filosofía
O descubrimento da razón
O paso do mito ao lógos
No século VII a.C., os presocráticos comezaron a explicar o mundo mediante argumentos racionais baseándose en elementos naturais. A natureza xa non dependía da vontade dos deuses. Xorde o lógos, a linguaxe argumentada mediante a que se dá razón ás cousas.
A sociedade grega baseábase no traballo de escravos e non recoñecía a importancia social da muller. Na antiga Grecia xorde a democracia. Empregaron o termo filosofía (paso do mito ao lógos) para criticar as crenzas e opinións e oporse á superstición.
Filosofía = ciencia?
A ciencia baséase no uso da razón humana e actúa segundo o modelo dun discurso construído mediante argumentos con coherencia. A filosofía é unha actividade racional aberta que nunca se vai a considerar que se realizou dunha vez por todas, por iso non é unha ciencia. Para realizarse, ten que ter en conta datos das ciencias.
O positivismo
A ciencia moderna
A ciencia moderna, iniciada por Galileo nos séculos XVI e XVII, expándese con Newton e aparecen a química, a bioloxía... No século XIX, cos intentos de tratar os feitos humanos e sociais con métodos verdadeiramente científicos, xorden a psicoloxía e a socioloxía.
Plantéxase a cuestión de se é posible que todos os problemas racionais sexan tratados dende o punto de vista da ciencia. Se isto fose posible, non habería lugar para a filosofía. Isto é o que plantexa a escola positivista, con Auguste Comte como máximo representante no século XIX e Stuart Mill no século XX.
Comte estableceu unha lei que explica a evolución intelectual da humanidade en tres estadios: teolóxico, metafísico e positivo. Para o positivismo, a ciencia é a única forma de racionalidade e a súa tarefa consiste en rexistrar os feitos observables e resumilos no menor número posible de leis. A ciencia é un saber limitado acerca da realidade. Recentemente, moitos científicos déronse conta de que a ciencia non é independente do ambiente cultural e social no que xorde.
Ciencias formais
A lóxica e as matemáticas son ciencias formais, universais e necesarias. A base do coñecemento científico é a coherencia lóxica. Os seus enunciados son de razón/a priori, construídos pola razón con anterioridade á experiencia e procédense da dedución.
Ciencias empíricas
A física e a bioloxía son ciencias empíricas que parten da observación de feitos e proporcionan información sobre o mundo. Non son universais nin necesarias. A base do coñecemento científico é a observación e a experimentación. Os seus enunciados son de feito/a posteriori.
O método hipotético-dedutivo
- A investigación científica comeza coa observación.
- Formúlase unha hipótese.
- Mediante a lóxica e as matemáticas dedúcense as consecuencias da hipótese.
- Realízase a contrastación mediante un experimento. Se o resultado é favorable, a hipótese queda parcialmente comprobada; se é desfavorable, refútase.
- Critícase a contrastación. Unha hipótese nunca se confirma absolutamente.
- Se a hipótese se confirma, convértese en lei.
- As leis artículanse na teoría.
Ciencias sociais
O obxecto de estudo das ciencias sociais son os feitos humanos. A neutralidade e a obxectividade son relativas. Non se busca unha explicación senón a comprensión. A hermenéutica é o método proposto con esta finalidade comprensiva.