A Matrícula do Mar e o Arsenal de Ferrol na Galicia do século XVIII

Historia4,04 KB

A Matrícula do Mar e a Armada Española

A Matrícula do Mar foi un sistema de inscrición marítima que buscou garantir a oferta de tripulación para a Armada Española, que tivo problemas á hora de dotarse de mariñería.

Tras o fallido rexistro oficial de mariñería de Felipe V, os Borbóns adoptaron o modelo francés da época de Colbert. A matriculación da mariñería, maestranza e embarcacións foi confiada ao persoal do Ministerio de Mariña.

A diferenza dos modelos baseados en levas, que recrutaban mariñeiros á forza, a Matrícula prefería facelo dun xeito máis xusto mediante a inscrición xeneralizada, sendo un servizo obrigatorio.

Estableceuse a Intendencia Xeral da Mariña en 1717, cuxa responsabilidade era levantar un listado da xente do mar. O primeiro foi o de Guipúzcoa o 28 de febreiro de 1717, e fixáronse dous obxectivos primordiais deste sistema: garantir o comercio con América e a seguridade do Mediterráneo.

Coa instauración do sistema de Departamentos Marítimos (1726) redactouse a instrución xeral que debía seguir o renovado sistema de rexistro marítimo; máis tarde promulgáronse os privilexios e exencións dos matriculados. No 1751, baixo a iniciativa do Marqués da Ensenada, publicouse a Ordenanza para o réxime e fomento da mariñería matriculada. O sistema debía asegurar o coñecemento de todas as persoas dedicadas ao mar no país, polo que se indicaba no nome de cada un a clase á que pertencía: artilleiro, mariñeiro, grumete ou paxe.

A Matrícula do Mar supuxo un dos mellores intentos de reformar a Armada para facela máis eficiente, aínda que non tivo o éxito esperado. Un motivo foi a falta de pagos tanto aos matriculados como aos oficiais encargados do seu funcionamento e administración.

O Arsenal de Ferrol e a Política Naval de Felipe V

Outro foco de industrialización centrouse no Arsenal de Ferrol. A comezos do século XVIII, a mariña española herdada por Felipe V non só era escasa no número de barcos e de moi pobre calidade, senón que tampouco posuía a infraestrutura necesaria para relanzala.

En 1717 o novo monarca dá un verdadeiro cambio á política naval grazas a José Patiño, que conseguiu reconstruír a Armada Real tomando medidas como:

  • A creación da Compañía de Guardias Mariñas en Cádiz.
  • A formalización da inscrición dos mariñeiros.
  • A división do litoral peninsular en tres departamentos: un no Mediterráneo con base en Cartaxena, outro no Estreito en Cádiz e o terceiro na fachada Atlántico-Cantábrica en Ferrol.

A decisión de instalar en Ferrol a capital do Departamento Atlántico-Cantábrico debeuse ás inmellorables defensas naturais da ría de Ferrol para a construción do novo arsenal. O primeiro arsenal e estaleiro do norte de España.

O Comercio Galego coas Colonias Americanas

Podemos distinguir tres períodos no Comercio de Galicia coas colonias españolas de América durante o século XVIII:

  • Anterior a 1764, data de creación dun servizo regular de transporte de viaxeiros e mercadorías entre a metrópole e as súas posesións americanas con base no porto da Coruña, os Correos Marítimos.
  • Entre 1764 e 1778, data da publicación dos Decretos de Comercio Libre.
  • O posterior a 1778 que finaliza coa perda dos mercados americanos continentais, difícil de situar con precisión pero apreciable co cambio de século.

A apertura da actividade comercial adquiriu gran dinamismo a partir de 1764, aínda así o balance das importacións e as exportacións reflicten a incapacidade de Galicia para absorber os produtos chegados de América. Por diferentes razóns, o comercio galego con América non supuxo unha transformación profunda do sistema económico galego, que seguiu centrado na terra.

Descargar

PDF Word HTML