O Liberalismo Económico e a Revolución Industrial

Economía2,78 KB

O liberalismo económico e Adam Smith

Liberalismo: nova doutrina económica. Teoría exposta polo escocés Adam Smith na súa obra Investigación sobre a natureza e causas da riqueza das nacións.

A actividade económica debía rexerse polo principio de liberdade económica para crear empresas, contratar traballadores e establecer as condicións e os prezos dos produtos.

O Estado tampouco debía intervir na economía, porque esta se axustaba de forma natural mediante a actuación da "man invisible" do mercado. Isto significaba que a lei de oferta e demanda se encargaba de regular os prezos dos produtos e os salarios dos traballadores.

Cronoloxía de inventos da era do vapor

  • Máquina de vapor - Newcomen - 1710
  • Máquina de vapor - James Watt - 1769
  • Vehículo de vapor - Cugnot - 1770
  • Barco de vapor - Pyroscaphe - d'Abbans - 1783
  • Teares movidos por vapor - 1785
  • Máquina de vapor de alta precisión - 1802
  • Barco de vapor con rodas - Fulton - 1807
  • Locomotora de vapor - Stephenson - 1814
  • Ferrocarril - Stockton-Darlington - 1825
  • Liña regular de viaxeiros - 1830
  • Arado de vapor - Fowler - 1858

Ideoloxías e organización do traballo

Taylorismo: proceso de produción que se dividía en pequenas tarefas, cunha duración que se cronometraba. Cada obreiro especializábase nunha tarefa e recibía un salario proporcional ao labor realizado.

Anarquismo: destruír o Estado para que non haxa clases sociais.

Marxismo: cren que nas sociedades capitalistas teñen que apoderarse do goberno e formar unha ditadura proletaria e burguesa.

Adam Smith era partidario da división do traballo: que cada obreiro se especializase nunha fase do proceso produtivo; dese modo aumentarían a produción e a produtividade.

Formas de concentración empresarial

CARTEL: asociación de empresas dedicadas á mesma rama de actividade, que chegan a acordos para controlar a produción e a distribución, fixar os prezos e compartir os beneficios.

HOLDING: conxunto de empresas controladas por unha delas, que é a propietaria da maior parte das súas accións.

TRUST: agrupación voluntaria de diferentes empresas para cubrir todas as fases da produción dun artigo, co fin de dominar o mercado ao eliminar a competencia.

Descargar

PDF Word HTML