Innovación e Mellora Escolar: Procesos, Cultura e Autoavaliación
Innovación e mellora dos centros escolares
20. Características do cambio para considerarse innovación
Para que un cambio sexa considerado innovación debe cumprir as seguintes características:
- Trátase dun PROCESO.
- É unha TAREFA COLECTIVA.
- Supón fomentar valores de colexialidade e colaboración entre o profesorado.
- Require o COMPROMISO IDEOLÓXICO, que leve a delimitar metas, os valores que as sustentan, etc.
- Importancia dos PROCESOS SEGUIDOS ENTRE OS MEMBROS do centro para desenvolver as melloras.
- Asunción da mellora como algo conxunto e interno.
- Busca e valoración continua de prácticas mellores para a escola, por parte do profesorado. Asumir metas comúns e modelos compartidos.
- A mellora da escola conleva a reconstrución da cultura escolar reinante.
- Desenvolver novos valores, normas e crenzas asumidas e mantidas polos seus membros.
- Importancia de desenvolver un liderado colexiado.
- Proceso permanente que inclúe diversas tarefas.
21. Diferenzas entre os cambios culturais de tipo I e tipo II
Podemos apreciar o cambio como reforma e como innovación.
Na reforma, os factores e as condicións seguen un contexto social e político baseado nunha orixe externa, mentres que na innovación o contexto é social e práctico cunha orixe interna. A magnitude e a escala son amplas na reforma, mentres que na innovación son máis limitadas. As dimensións e os efectos son estruturais na reforma, mentres que na innovación son psicolóxicos.
Exemplo de reforma: cambio da estrutura interna do polideportivo para a realización das actividades físicas escolares e extraescolares.
Exemplo de innovación: programa bilingüe ou calquera outro proxecto que inclúa melloras no centro educativo, mellorando o proceso de ensino-aprendizaxe (programa de inserción na rede de reciclaxe, ou calquera outro que inclúa novas metodoloxías pedagóxicas que supoñan para o alumnado unha aprendizaxe significativa).
22. A innovación como construción cultural
O cambio na escola ha de ser un cambio cultural. A cultura innovadora que debería desenvolverse na escola non se consegue por decreto; é necesario que existan uns procesos permanentes e uns procedementos adecuados de traballo dentro da organización. Nesta liña, é importante que a escola adquira unha certa capacidade para desenvolver procesos de:
- Diagnóstico da súa situación, é dicir, a capacidade de comprobar de modo sistemático o seu propio funcionamento organizativo co fin de detectar problemas e áreas deficitarias que haberá que mellorar.
- Análise dos problemas detectados e dos retos aos que se enfronta, e promover igualmente procesos de elaboración de plans compartidos, claros, comprometidos e asumidos por todos para resolvelos.
- Execución: os plans non serven de nada se non se levan á práctica. Os cambios afectan a toda a organización, por iso é importante o desenvolvemento de dinámicas de comunicación, diálogo, intercambio de experiencias e reflexión continua sobre o que vai sucedendo, que dificultades se están atopando e que modificacións hai que ir realizando.
- Avaliación de todo o traballo que se vai realizando: reflexión continua sobre como se están facendo as cousas.
O cambio supón desenvolver valores que propicien a interdependencia, o apoio mutuo e a colaboración.
23. Como pode contribuír a autoavaliación á mellora dos centros escolares?
- Propiciar a máxima participación da comunidade educativa.
- Que cada sector da comunidade educativa valore os aspectos clave no funcionamento, clima e resultados do centro.
- Desenvolver criterios, procedementos e instrumentos de autoavaliación.
- Detectar os acertos e erros da acción educativa.
- Promover plans de mellora específicos e realistas.
- Consolidar unha cultura da mellora na comunidade.
25. Innovación, avaliación e mellora dos centros escolares
A posibilidade da mellora dos centros escolares pasa por desenvolver determinados procesos, entre os cales están a innovación e a avaliación.
A innovación educativa é a incorporación sistemática e planificada de prácticas transformadoras, orientadas a mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe.
A avaliación, tanto externa como interna, ten como obxectivo xeral mellorar a calidade da educación. Ademais, é un instrumento que serve para detectar os acertos e os erros da acción educativa, de modo que permita dirixir o traballo dunha forma máis efectiva.
Ambos procesos inflúen na mellora dos centros: a innovación introduce cambios culturais e metodolóxicos que transforman a práctica docente, mentres que a avaliación proporciona a información necesaria para orientar esas transformacións, identificar áreas de mellora e comprobar os seus resultados.