O Imperialismo Europeo: Causas, Repartición e Explotación de Colonias
A Expansión Imperialista
As causas da expansión imperialista foron:
- Intereses económicos.
- Ascenso da poboación.
- Rivalidade entre as potencias.
- Mito da raza superior.
Europa: A Conquista do Mundo
A superioridade tecnolóxica europea provocou o inicio do imperialismo (a busca de novos territorios para expandirse).
O imperialismo no século XIX era de carácter bélico (guerras constantes).
Debido a estas guerras creouse a Conferencia de Berlín, para poñer normas sobre como repartir un territorio entre os países.
Aínda así houbo moitos enfrontamentos, como:
- Francia e Inglaterra enfrontados por un territorio chamado Fachoda.
- Conflictos Anglo-Bóeres: enfrontamento entre os británicos e os colonos por unha zona surafricana que tiña depósitos de ouro.
- Guerras do Opio, entre China e o Imperio Británico.
Organización e Explotación dunha Colonia
Despois de conquistar unha colonia organizábase o control do territorio.
Diferentes Tipos de Colonias
Colonias de Explotación
- Dependentes da metrópole e sen goberno propio (Colonias).
- Goberno propio compartido coa metrópole (Protectorado).
Colonias de Poboamento
O goberno interior tiña algunha autonomía.
- Dominios: Eran colonias de poboamento do Imperio Británico.
- Territorios de Ultramar: Colonias de poboamento francés.
Outros Tipos de Colonias
- Concesións: Colonias que eran cedidas a unha metrópole durante un tempo.
- Enclaves Estratéxicos: Territorios situados en lugares estratéxicos.
Como Repartiron os Imperios Coloniais
Os imperios coloniais europeos máis importantes foron o francés e o británico. Ocuparon as zonas de Asia e África.
Repartición de África
Os británicos e os franceses tiveron vantaxe, porque xa tiñan parte de África desde o século XVIII.
Os británicos formaron un imperio de norte a sur (dende o Cairo ata Cidade do Cabo); a súa principal colonia foi a India.
Os franceses instaláronse principalmente en África do Norte (Marrocos, Alxeria).
Entre eles houbo enfrontamentos que fixeron que se crease a Conferencia de Berlín (1885), onde se decidiron as normas e as zonas que ocuparía cada un.
Repartición de Asia
Francia conquistou a Conchinchina. Gran Bretaña ocupou Birmania e Singapur.
A única parte de Asia que non foi ocupada foi China.
Os EEUU e Xapón tamén participaron na repartición das colonias. EEUU avanzou cara ao Pacífico e o Caribe, e parte de Panamá.