Impacto da Economía Somerxida na Sociedade e na Economía

Economía2,23 KB

Economía Somerxida

É aquela parte da actividade económica que non se declara a nivel fiscal ou laboral e, polo tanto, non forma parte do PIB.

Distinguimos entre actividades non declaradas a efectos fiscais ou laboráis e actividades ilegais.

Existen cifras aproximadas sobre a cuantificación da economía somerxida. En España estímase que está en torno a un 20% do PIB. No noso país, os sectores principalmente afectados pola economía somerxida son: a agricultura, a hostalería, a construción, o textil e o calzado e o traballo doméstico. Nalgúns sectores é frecuente a conexión entre a economía oficial e a somerxida, a través da subcontratación de pequenas empresas irregulares por parte das grandes industrias.

Os traballadores, na economía somerxida, poden ser: os parados da economía oficial, os ocupados que exercen pluriemprego ou que só declaran unha parte da súa actividade e, tamén, persoas en situación irregular.

Problemas Derivados da Economía Somerxida

  • Redución de ingresos públicos: supón uns menores ingresos por impostos e cotizacións á seguridade social que repercuten, nun menor nivel, dos servizos que o Estado pode ofrecer. O Estado, ingresa menos pero os gastos non diminúen, polo que as consecuencias para o mantemento do Estado de Benestar son importantes. Canta máis economía somerxida haxa máis deben subir os impostos, para compensar a perda de ingresos públicos.
  • Emprego precario: na economía somerxida, os traballadores non se benefician dos dereitos derivados do contrato de traballo (salarios segundo convenio, prestacións por desemprego, prevencións de riscos laborais, formación, etc.). Cando se trata de talleres clandestinos ou de empresas subcontratadas, sen ningún tipo de control, as condicións de seguridade e hixiene adoitan ser moi deficientes, con graves riscos de siniestralidade laboral e explotación abusiva por parte dos empregadores.
  • Cando se trata dos activos ocupados que exercen pluriemprego, están impedíndolle traballo a outras persoas que o buscan.
  • Riscos para a seguridade e a saúde colectiva: cando os bens e servizos que se ofrecen eluden os controis legais de calidade respecto ao medio ambiente.

Descargar

PDF Word HTML