Historia da Filosofía: Da Antigüidade á Modernidade

Filosofía e ética2,64 KB

A Antigüidade Clásica

A época clásica comprende os séculos VI a.C. e IV a.C. Nas décadas iniciais apareceu a filosofía nas colonias gregas de Xonia. Destacan Sócrates, Platón e Aristóteles. Deste período proceden moitos dos principais conceptos filosóficos do pensamento occidental.

Non podemos esquecer que en lugares afastados de Grecia e Roma desenvolvéronse formas de pensamento que exerceron unha grande influencia noutras zonas do mundo:

  • Na India comezaron a recompilarse os escritos sagrados dos Veda, que son a base da filosofía hindú.
  • Na mesma época en que viviu Pitágoras naceu Siddharta Gautama, que foi o fundador do budismo.
  • Confucio influíu coa súa doutrina en China, Corea e Xapón.

A Idade Media e o Renacemento

A filosofía medieval desenvolveuse entre os séculos IV e XVI. Establece un diálogo entre a fe revelada e o poder da razón humana. É a época da escolástica, marcada polas disputas e as grandes sínteses enciclopédicas. Os seus autores máis relevantes foron Santo Agostiño, Santo Tomé e Guillermo de Ockham.

A partir do século VII apareceu o Islam. Especialmente importante para o pensamento islámico foi o papel que desempeñaron Bagdad, Córdoba e Granada. A Idade Media chegou ao seu final co Renacemento, no que se produciu unha profunda transformación intelectual do pensamento europeo e que culminou coa aparición do Humanismo.

A Filosofía da Modernidade

Desenvolveuse durante os séculos XVII e XVIII. A Revolución Científica tivo unha importancia central na configuración dunha nova forma de pensar. A filosofía perdeu moitos dos seus anteriores ámbitos de estudo. É o tempo do racionalismo continental (Descartes, Spinoza e Leibniz) e o empirismo británico (Bacon, Berkeley e Hume).

A época moderna cérrase coa Ilustración. A obra de Kant ten unha importancia fundamental e engarza os valores da Ilustración cunha nova forma de facer filosófica.

O Século da Ciencia, a Industria e a Burguesía

O século XIX iniciouse coa profunda transformación producida pola Revolución Francesa, unida ao desenvolvemento da Revolución Industrial e á aparición das novas nacións. Estes feitos deron lugar á sociedade burguesa e capitalista. Pensadores como Nietzsche e Schopenhauer formularon novas formas de concibir a sociedade e o ser humano.

Descargar

PDF Word HTML