Historia Económica Post-Guerra: Bretton Woods, Crises, UE, Xapón
Acordos de Bretton Woods
Acordouse facer do dólar a moeda principal para os intercambios comerciais. Aceptouse a paridade fixa entre o dólar e o ouro. Creáronse organismos encargados de garantir e controlar a estabilidade económica mundial (FMI e BM).
Crise Económica 1973-1990
Desde comezos de 1970 manifestáronse síntomas de que o crecemento económico sostido estaba chegando á súa fin. Anunciáronse tres aspectos:
- A balanza de conta corrente estadounidense comezou a padecer un déficit.
- A diminución das reservas de ouro estadounidenses.
- O desfasamento dólar-ouro provocou unha perda de valor do dólar e un aumento da inflación.
Neoliberalismo
Desregulación da economía e pola liberdade de mercado, diminuíndo tanto o papel do estado na vida como nos controis sociais.
Liderado de USA durante a Guerra Fría
A potencia da súa economía e da súa moeda foi o primeiro factor que lle permitiu acceder a esa posición.
- O seu sistema industrial viuse favorecido polo abandono do proteccionismo.
- A economía de USA caracterízase polo alto nivel de investimento en investigación, o cal repercutiu nun continuo proceso de innovación.
- Formáronse grandes empresas multinacionais que se foron estendendo por todo o planeta.
Comunidade Económica Europea (CEE)
Creouse coa sinatura do Tratado de Roma en 1957. Nacía así a Comunidade Económica Europea (CEE) co obxectivo fundamental de crear un mercado común cun espazo no que os produtos dos países membros se puidesen vender sen aranceis e no que os cidadáns e os capitais se trasladasen libremente duns países a outros.
Unión Europea
Creouse un espazo económico e social común. Unificación monetaria e a creación dunha moeda única, o euro. A UE ampliouse cara a Europa do Leste.
Modelo Económico Keynesiano
Fundamentouse na teoría económica proposta por Keynes e creou un novo modelo de capitalismo caracterizado pola extensión do gasto público, significou unha importante intervención do estado na vida económica.
Milagre Xaponés
Crecemento económico moi vertixinoso entre 1955-1973.
Causas:
- A creación dunha forte industria manufactureira de gran produtividade que realizaba produtos de alta calidade.
- Existencia dunha man de obra moi preparada que establecía relacións especiais coa súa empresa.
- Renovación do equipamento industrial e o forte investimento en investigación e desenvolvemento.
- A cooperación entre o estado e o sector privado.
- A flexibilidade da estrutura empresarial xaponesa, rexurdiron os holdings.