Guerra Fría: Orixe, Bloques e Alianzas na Posguerra
A Desconfianza na Posguerra e o Inicio da Guerra Fría
Ao rematar a Segunda Guerra Mundial, a influencia da URSS en Europa aumentara moito. Os seus antigos aliados desconfiaban das súas intencións expansionistas e non querían que o comunismo crecese no mundo.
A maior parte dos países liberados polo Exército Vermello caeron no control soviético, facéndose co poder o Partido Comunista e implantando o comunismo. En Grecia, por exemplo, produciuse unha guerra civil entre comunistas e non comunistas.
Así, os soviéticos acusaban aos antigos aliados de querer manter o dominio imperialista sobre Europa. O papel hexemónico dos EUA na nova ONU e o liderado económico (acordos de Bretton Woods) aumentaron os temores soviéticos.
Dous Sistemas Opostos e Enfrontados
Tras a guerra, consolidáronse dous sistemas ideolóxicos e económicos antagónicos:
- Os EUA, defensores do mundo libre, defendían un sistema de democracia liberal con pluralidade de partidos, con respecto aos dereitos individuais e co predominio dunha economía capitalista.
- A URSS, que estaba en contra do imperialismo capitalista, presentaba un sistema no que o poder estaba só nun partido, o Partido Comunista, negando o sufraxio libre e as liberdades individuais. Tamén presentaba unha economía planificada, que negaba a propiedade privada e defendía a propiedade estatal dos medios de produción.
Consolidación dos Bloques Antagónicos
En 1947, o presidente Truman fixou como obxectivo principal a contención do comunismo, coñecida como a Doutrina Truman.
O Plan Marshall (proposto por George Marshall) foi un plan de axuda económica posbélica, xa que se cría que esta era a mellor arma contra a expansión comunista. Este plan foi criticado polos soviéticos, xa que dicían que era unha forma de manter os países europeos baixo o seu dominio, e obrigou aos países baixo o seu control a rexeitalo.
As principais potencias comezaron unha guerra de propaganda para defender a súa causa. Os EUA detiveron a sospeitosos de comunistas e a URSS someteu aos acusados de traizón a duras purgas. A Guerra Fría comezara.
Diferentes Sistemas de Alianzas
Formáronse alianzas económicas e militares que marcaron a división do mundo:
- Bloque Occidental:
- En 1949 asinouse o Pacto Atlántico, que integraba aos EUA, Canadá e 10 países máis, e que foi a orixe da OTAN (Organismo de Cooperación Militar para defenderse de calquera ataque externo).
- Bloque Oriental:
- A URSS e os países do leste fundaron en 1949 o COMECON, unha organización que ofrecía axuda ao bloque socialista.
- En 1955 creouse unha alianza militar, o Pacto de Varsovia.