Filosofía do Século XX: Conceptos Clave e Características
A Filosofía no Século XX: Contexto e Correntes
O século XX foi un período no que a filosofía procurou pensar os trazos da nova sociedade, marcada polo dominio da técnica, o estado de benestar e un mundo globalizado. Este foi o tempo das tres grandes revolucións científicas: física, biolóxica e dixital. Na primeira metade do século, Husserl creou a fenomenoloxía, Wittgenstein reivindicou a necesidade de analizar a linguaxe e Heidegger realizou unha reflexión ontolóxica sobre a existencia humana. É necesario recordar as propostas dos filósofos da posmodernidade, que propoñen novas formas de pensamento.
Definicións Clave en Filosofía
Filosofía teórica: Analiza as grandes cuestións xerais acerca da estrutura da realidade e do coñecemento humano.
Filosofía práctica: Conxunto de disciplinas filosóficas que estudan a acción humana e as súas fins.
Filoxenia: Historia evolutiva dun grupo de determinados individuos.
Especiación: Proceso polo cal unha especie dá lugar a dúas.
Ontoxenia: Evolución dun individuo desde a concepción ata o nacemento. Desenvolvemento embrionario.
Ortogenia: Hipótese que postula que a evolución tiña como culminación a especie humana.
Teleoloxía: Que ten unha finalidade.
A Filosofía e Outras Formas de Coñecemento
- Ciencia: A filosofía non é unha ciencia, aínda que debe ter sempre en conta os resultados da ciencia.
- Relixión: É unha crenza subxectiva, non se basea, como fai a filosofía, no valor único da razón e do discurso racional.
- Literatura: Inventa narracións e constrúe personaxes. É un produto da imaxinación humana e non propón un discurso racional fundamentado.
Características Fundamentais da Filosofía
- Razón interrogativa: A filosofía é un saber racional e procede de argumentos fundamentados. Pero esta é unha actividade racional aberta. A filosofía é un saber coherente e fundamentado, pero non é nunca un saber completo. Son sempre máis importantes as preguntas ca as respostas. A filosofía sempre se está facendo a si mesma.
- Un saber de segundo grao: Non é unha ciencia, é un saber racional de segundo grao. A filosofía mantén sempre unha perspectiva sobre a ciencia de primeiro grao. Esta necesita ter en conta os datos das diferentes ciencias.
- Crítica constante: O saber filosófico é sempre de carácter crítico, o que caracterizou a filosofía desde a súa orixe; a súa crítica é radical.
- Un saber integrador: A filosofía non se limita a un coñecemento parcial. Os grandes problemas son sempre problemas xerais.