Filosofía Presocrática e a súa Influencia en Platón
Filosofía Presocrática: Heráclito, Parménides e Anaxágoras
Heráclito: O Lume e o Cambio Constante
Para Heráclito, o arché é o lume. É o primeiro que diferencia a razón dos sentidos e tamén di que a natureza está cambiando constantemente. O lume é o que produce estes cambios constantes. Na natureza hai sempre unha loita de contrarios, pero hai unha harmonía entre contrarios producida pola razón. A maior parte das persoas non se preocupan por explicar os cambios da natureza e non saben o que é o logos, quen rexe os homes e o universo.
Parménides: A Verdade do Ser Inmutable
Parménides. A verdade consiste en saber que só existe o SER. Non existe o non-ser. O arché para el é o ser que é pensable. O non-ser non é pensable. Este é o primeiro principio lóxico a partir do cal se deduce unha serie de conclusións: O ser non se pode mover porque todo é ser, e non existe nada diferente sobre o que se poida mover, é dicir, é eterno, non pode morrer e non se move. O SER é un.
Anaxágoras: Homeomerías e o Nous Ordenador
Anaxágoras é pluralista e propón que todo está formado por infinidade de partículas, coma sementes que se chaman homeomerías que dan lugar a todas as cousas. Chega a esta conclusión para darlle unha explicación ao fenómeno de que o que comemos se transforme en parte de nós. Segundo el, no principio todas as homeomerías estaban xuntas e unha intelixencia chamada Nous ordeounas para que formasen todas as cousas.
Influencia Presocrática no Pensamento de Platón
No pensamento de Platón reaparecen cuestións tratadas polos presocráticos. En concreto, a realidade tal como a concibe Heráclito, sometida a un cambio permanente, é un antecedente do mundo sensible. Pola contra, a inmutabilidade, a perfección e a eternidade das ideas coincide cos atributos do ser de Parménides. A intelixencia ordenadora (Nous) de Anaxágoras é un antecedente do demiurgo. Este constrúe o mundo a imitación do intelixible. O pensamento de Platón participa do cambio impulsado polos sofistas e Sócrates, ao substituír a cosmoloxía polo estudo do home. Platón enfróntase aos sofistas propoñendo a teoría das ideas para responder ao relativismo e ao escepticismo destes.