Filosofía antiga: de Tales a Platón
Conceptos fundamentais da filosofía antiga
Confucianismo e taoísmo
- Confucianismo: Filosofía que insiste en cultivar a virtude e respectar a orde para garantir o equilibrio persoal e a harmonía social.
- Taoísmo: A auténtica realidade non está constituída por obxectos, senón que está en continua transformación.
O ser e o devir
- Heráclito: Afirma que todas as cousas están sometidas ao devir (cambio). A verdadeira realidade está en continua transformación, que non se produce ao azar.
- Parménides: Sostén que non podemos fiarnos dos sentidos, porque son os que nos mostran que todo cambia. Cría que, para comprender a realidade, tiñamos que desprezar o testemuño dos sentidos e fiarnos da razón. "O ser é e o non ser non é". O ser é único, eterno e inmutable.
Pluralismo
Os pluralistas trataron de reconciliar a nosa percepción do cambio e do movemento coas ideas de Parménides. O arkhé non é único:
- Empédocles: Catro elementos.
- Anaxágoras: Partículas infinitas, "sementes".
- Atomismo: Leucipo e Demócrito (teoría atomista de Grecia).
Os sofistas
Mestres da retórica, desenvolven a súa actividade en Atenas. Consistía en ensinar aos alumnos a virtude política e o modo de triunfar mediante a oratoria e o coñecemento das leis. Afirmaban que eran mestres da virtude (areté). Interésanse por cuestións antropolóxicas.
Sócrates
"Só sei que non sei nada". Diferenciábase dos sofistas pola actitude ante a verdade. Sócrates trataba de buscar a sabedoría a partir da ignorancia. As fases do método socrático eran a ironía e a maiéutica, cuxo fin era alcanzar a definición universal.
O intelectualismo moral
Identificación do coñecemento como unha virtude. Basta o coñecemento do xusto para obrar ben. "Non hai homes malos, senón ignorantes".
Platón: teoría das ideas e dualismo
Perigo do relativismo
Non existe a verdade absoluta. Platón oponse ás teorías relativistas e escépticas dos sofistas, xa que cría que eran falsas. Os relativistas dicían que as cousas son tal e como as percibimos.
Mundo sensible e intelixible
- Mundo sensible: Composto polo que vemos e tocamos, material.
- Mundo intelixible: Composto por realidades inmateriais que non se captan cos sentidos, senón coa razón. As esencias (perfectas e eternas).
Teoría da participación
As ideas son modelos eternos das cousas. Metafísica dualista: mundo sensible e intelixible. Relación entre as ideas e as cousas: As ideas non son só conceptos que serven para ordenar os sentidos, senón que son o modelo do mundo das cousas, mentres que as cousas son unha copia imperfecta das ideas. Orde das ideas (idea de ben, semellanza, bondade, lume).
Ciencia e opinión
Dúas formas de saber:
- Doxa ("opinión"): Coñecemento do mundo sensible.
- Episteme ("ciencia"): Coñecemento do mundo intelixible.
Paso da doxa á episteme: Para alcanzar o saber verdadeiro hai que realizar un proceso de ascensión dialéctica que vai dende o sensible ata o das ideas (conxectura - eikasía; crenza - pistis; intelixencia - noesis).
A reminiscencia
Platón pensa que a ascensión dialéctica é posible grazas á reminiscencia, que nos permite lembrar as ideas que a nosa alma garda no seu interior dende antes de nacer.
Corpo e alma: dualismo antropolóxico
Alma inmortal encerrada nun corpo material imperfecto. Tres partes da alma:
- Racional (cabeza): Sabedoría.
- Irascible (peito): Valentía.
- Concupiscible (ventre): Fortaleza.
Persoa excelente:
- Alma racional: Intelixencia.
- Alma irascible: Valentía.
- Alma apetitiva: Moderación.
Dous sentidos da xustiza
- Individual: Equilibrio das tres tendencias da nosa alma.
- Social: Harmonía entre os tres tipos de persoas.