O Fascismo en Italia: Mussolini e a Ditadura

Historia3,01 KB

O Fascismo en Italia: Mussolini e a Ditadura (1922-1943)

O fascismo xurdiu en Italia, conducido por Benito Mussolini, entre 1922 e 1943. Mussolini, antigo mestre e xornalista, era un bo coñecedor dos resortes da oratoria e do seu poder sobre as masas. Exmilitante socialista, creou en 1919 en Milán os Fasci italiani di combattimento (grupos de combate formados por axentes de moi variada condición e ideoloxía que se dedicaron a atacar aos políticos). Inicialmente, o fascismo non contou máis que cun programa mínimo no que se mesturaban as reivindicacións sociais coa exaltación da nación e as críticas á política tradicional.

Factores que Facilitaron a Expansión do Fascismo

  • Sentimento de humillación: Os tratados de paz que puxeron fin á Primeira Guerra Mundial causaron no pobo italiano un forte sentimento de humillación.
  • Dificultades económicas: Aumentou o desemprego, diminuíron os beneficios da burguesía capitalista, as clases medias empobrecéronse e a desocupación das fábricas e das terras foi en aumento.
  • Debilidade do poder político: A comezos dos anos vinte, Italia vivía anos de gobernos democráticos débiles, inestables e ineficaces.

A Conquista do Poder

Os fascistas empregaron dúas estratexias simultáneas: a parlamentaria e a actividade na rúa. A toma do poder polos fascistas foi posible grazas a que contaron co apoio expreso ou tácito dos mandos do exército, de múltiples políticos conservadores e de gran parte da burguesía. A partir de xaneiro, Mussolini estableceu a ditadura persoal e un réxime totalitario.

Organización do Estado Fascista

No novo réxime, o poder residía integramente en Mussolini, o xefe do goberno. A súa actuación non estaba suxeita a ningún tipo de responsabilidade; gobernaba mediante decretos-leis asesorado polo Gran Consello Fascista e non tiña que render contas ao parlamento.

No terreo económico, o réxime fascista presenta o corporativismo, nin liberal nin socialista, que coordina a libre iniciativa da empresa privada coa intervención estatal. Esta intervención económica do estado aumentou trala crise de 1929; para iso, utilizáronse medidas moi estritas.

Política Exterior e Fin do Fascismo

Mediante o irredentismo (a reivindicación de zonas con poboación de orixe italiana ocupadas por Estados veciños), o Goberno fascista pretendía expansionarse cara á área balcánica. Ao mesmo tempo, Italia levou a cabo o expansionismo en África oriental coa colonización de Libia e Abisinia, o que orixinou a imposición de sancións pola Sociedade de Nacións.

A entrada de Italia na Segunda Guerra Mundial provocou unha gran impopularidade do réxime, e as derrotas deron lugar ao seu afundimento. En xullo de 1943, membros do Gran Consello Fascista obrigaron a Mussolini a dimitir. Este, liberado por alemáns, anunciou a rexeneración do réxime e proclamou a República Social Italiana.

Descargar

PDF Word HTML