Explicación Científica e Progreso da Ciencia: Unha Análise

Filosofía e ética3,98 KB

A explicación científica segundo Carl G. Hempel

Tipos de explicación científica

Carl G. Hempel distingue catro tipos de explicación científica:

  • Explicación nomolóxico-dedutiva: deduce a explicación dun fenómeno concreto, chamado explanandum, dun enunciado ou lei xeral, chamado enunciado explanans. Neste tipo de explicacións, o explanandum é unha consecuencia lóxica do explanans.
  • Explicación indutivo-estatística: diferénciase da anterior en que o enunciado explanans é unha lei probable, polo que o fenómeno explanandum non é a súa consecuencia lóxica. O explanans encóntrase por indución a partir dalgúns datos, polo que só concede certa verosimilitude ao explanandum.
  • Explicación determinista: tamén chamada causal, busca a razón dun feito a partir dunhas causas eficientes, que son anteriores ao feito que se intenta explicar.
  • Explicación teleolóxica: tamén chamada finalista, busca dar razón dun feito a partir das súas causas finais, que son posteriores ao feito que se quere explicar.

O método experimental

Fases do método experimental

É o método das ciencias empíricas e consta das seguintes partes:

  • Obsérvase o fenómeno a estudar e redúcese ás súas propiedades relevantes.
  • Formúlase unha hipótese que explique este fenómeno e dedúcense consecuencias.
  • Póñense a proba mediante experimentos controlados en laboratorio as consecuencias derivadas da hipótese.
  • Se o experimento confirma a hipótese, convértese en lei; senón, rexeítase a hipótese feita e formúlase outra.
  • O método complétase co recurso á linguaxe matemática, sempre que se poida.

O progreso da ciencia

Perspectivas sobre o progreso científico

  • Os neopositivistas defenderon o progreso único, continuo e acumulativo da ciencia. A ciencia perfeccióase e mellora estendendo teorías probadas a outros campos, ou agrupando varias teorías noutra máis ampla.
  • Karl R. Popper tamén defende o progreso indefinido da ciencia. Sen embargo, a diferenza dos neopositivistas, Popper considera que ningunha teoría científica é verdadeira, xa que todas poden ser falseadas polos feitos. Concibe as teorías como grandes hipóteses ou conxecturas xerais sobre o mundo, e como instrumentos útiles para explicar os fenómenos.
  • Thomas S. Kuhn: para el, a ciencia, ao igual que a sociedade, avanza por medio de crises e revolucións, e non dunha maneira continua e acumulativa.

A crítica á ciencia

Perspectivas da crítica á ciencia

A crítica á ciencia leva a cabo desde varias perspectivas:

  • A crítica epistemolóxica.
  • A crítica ideolóxica: denúnciase que a ciencia é un instrumento ao servizo do Estado e de grupos sociais poderosos, que son os que financian os programas de investigación, e non ao servizo da sociedade e moito menos da humanidade.
  • A crítica económica: pon de manifesto o elevado custo de moitas investigacións científicas (programas espaciais) en relación coas súas escasas vantaxes sociais.
  • A crítica ecolóxica: incide nas consecuencias negativas para a natureza de determinados experimentos (probas atómicas) e da aplicación tecnolóxica da ciencia (centrais nucleares).
  • A crítica moral: trata de poñer límites morais a algunhas investigacións científicas, sobre todo no campo da bioloxía e da medicina.

Descargar

PDF Word HTML