Evolución e Antropoloxía Filosófica: Conceptos Clave

Filosofía e ética3,59 KB

Evolución e Creación: Unha Introdución

  • Fixismo: Teoría que afirma que os seres vivos sempre se mantiveron iguais, transmitindo as súas características de xeración en xeración.
  • Creacionismo: Teoría que explica que as especies vivas foron creadas por Deus ao comezo dos tempos.
  • Evolucionismo: Teoría que explica que os seres vivos foron evolucionando co tempo.

Teorías da Evolución

  • Lamarckismo: Teoría proposta por Jean Baptiste Lamarck que explica que as transformacións que sofren as especies vivas poden ser causadas polo uso frecuente dun órgano.
  • Darwinismo: Teoría de Charles Darwin (século XIX) que demostrou que a variabilidade da descendencia e o proceso de selección natural explican a evolución das especies.

Hominización e Humanización

  • Hominización: Refírese ao proceso evolutivo biolóxico mediante o cal xurdiu a nosa especie.
  • Humanización: Proceso evolutivo cultural, que foi posible pola aparición da linguaxe, a vida en sociedade e a técnica.

Psiquismo Humano e Conduta

  • Psiquismo humano: Relacionado cos nosos pensamentos, sentimentos e accións.
  • Dimensión psicolóxica: Dos seres humanos relacionada cos nosos procesos mentais e a conduta que temos (século XIX).
  • Condutismo: Corrente psicolóxica que pretende desenvolver unha psicoloxía científica.

Natureza e Cultura: Trazo Innato vs. Adquirido

  • Trazo innato: Procede da nosa herdanza biolóxica; chámase así porque forma parte da nosa vida desde que nacemos.
  • Trazo adquirido: Incorporámolos co tempo, son variables e dependentes da cultura na que vivimos.

Identidade e Sociedade

  • Etnia: Conxunto de persoas que comparten a mesma cultura ou modo de vida.
  • Persoa: Ser intelixente, consciente da súa propia existencia, libre e racional.

Antropoloxía Filosófica

  • Antropoloxía filosófica: Rama da filosofía que se interroga sobre o ser humano.
  • Razón: Característica fundamental dos seres humanos e fundamento da capacidade moral e da dignidade das persoas.
  • Ideoloxía: Visión distorsionada do mundo que serve para xustificar o dominio dos poderosos.
  • Xogo: Actividade realizada por pracer e que non ten utilidade práctica.
  • Suxeito: Individuo que se pode contabilizar nas estatísticas, educar nas escolas, encerrar nos cárceres ou hospitais.

Dualismo e Conciencia

  • Animismo: Visión da realidade na que todo ten alma.
  • Dualismo antropolóxico: Afirma que existen corpo e alma como realidades distintas.
  • Corpo: Substancia material suxeita ao determinismo.
  • Alma: Substancia pensante, espiritual, libre e inmortal.
  • Conciencia moral: Capacidade dos seres humanos para distinguir o que está ben e o que está mal.
  • Conciencia mental: Capacidade de darnos conta de que estamos pensando.
  • Qualia: Sensación subxectiva ou persoal.
  • Teoría fisicalista: Teoría que di que a identidade persoal baséase na continuidade ao longo do tempo de elementos físicos, non psicolóxicos.

Descargar

PDF Word HTML