A Europa dos Séculos XI a XIII: Feudalismo e Progresos Agrarios

Historia2,4 KB

O territorio europeo: cronoloxía e trazos básicos: comprende os séculos XI, XII e XIII. Este período foi unha época de prosperidade e cambios en Europa. O feudalismo mantivose, os reis loitaron por recuperar o seu poder, progresou a agricultura, renaceron as cidades e xurdiu un novo grupo social: a burguesía. Xurdiu a arte gótica, un novo estilo artístico.

Marco Territorial

: a principios do século XI, a Europa cristiá continuaba sendo un mosaico de estados e de reinos situados entre os mares do Norte, Báltico e Mediterráneo.

Reinos e Imperios

:
  • O Reino de Francia e o Sacro Imperio Xermánico en Alemaña, no centro do continente, estaban divididos en territorios feudais.
  • Os normandos crearon no século XI reinos no sur de Italia, Sicilia e Inglaterra. Con iso, cesaron os seus ataques e deixaron de ser un perigo en Europa, así como o dominio da península ibérica e das terras do Imperio Bizantino.
  • Pobos eslavos: no leste de Europa, entre os mares Báltico e Negro, organizábanse en poderosos principados como o de Kiev, e mantiñan intensos contactos culturais con Bizancio.

Organización Política

: Reis, curias e parlamentos. O rei gobernaba con axuda da curia rexia, unha asemblea composta por nobres e prelados que o asesoraban. Segundo os asuntos que se tratasen, podía ser ordinaria ou extraordinaria.

Curia Ordinaria

: asistían persoas próximas ao rei, como familiares e altos funcionarios do pazo.

Curia Extraordinaria

: acudían representantes da nobreza e do alto clero. Nela tratábanse os asuntos máis importantes, como declarar a guerra ou conceder axudas económicas.
A partir do século XII e sobre todo do XIII, os representantes dalgunhas cidades foron chamados á curia rexia extraordinaria, así xurdiron os parlamentos coa finalidade de aprobar o cobro de impostos ou axudas económicas.

Progresos Agrarios

: innovacións técnicas na agricultura. Durante xeracións, o campesinado europeo practicara unha agricultura de escasos rendementos. Esta agricultura baseábase no uso do arado romano, pouco pesado, que apenas afondaba na terra e era arrastrado por bois utilizando un xugo; e na práctica de rotación bienal, que permitía manter a fertilidade do solo deixando en barbeito a metade da superficie.

Descargar

PDF Word HTML