Epistemoloxía: A Natureza do Coñecemento
Epistemoloxía: O Estudo do Coñecemento
A epistemoloxía é a disciplina filosófica que estuda o coñecemento. O coñecemento é un proceso no cal un suxeito capta un obxecto da realidade. A partir dos datos procedentes dos sentidos, prodúcese unha imaxe ou representación do mundo real.
A Sensación
As sensacións son o conxunto de datos procedentes do mundo captados por un ser vivo mediante receptores ou sentidos. Os sentidos teñen limiares, é dicir, só hai sensación cando o estímulo se produce dentro dunha marxe de intensidade mínima e máxima.
A Percepción
A percepción é o proceso polo cal se interpretan os datos que se captan polos sentidos. Así pois:
- O cerebro capta os estímulos sensitivos, non capta directamente a realidade.
- O cerebro reconstrúe a información dos sentidos e a interpreta.
- Aínda que esta interpretación é fidedigna, nalgúns casos resulta incorrecta, o que dá lugar ao que se coñece como ilusións.
Conceptualización
A conceptualización é a facultade pola que se asignan conceptos aos obxectos captados na percepción. Os conceptos fórmanse grazas aos procesos de abstración, que consiste en identificar características comúns.
Comprensión
A comprensión é o conxunto de características, atributos ou especificidades que definen un concepto.
Extensión
A extensión é o conxunto de individuos aos que se refire un concepto.
Enunciación
Unha vez identificado o exemplar, formúlase un enunciado.
Verdade
Existen dúas concepcións de verdade:
- A verdade entendida como unha propiedade do entendemento.
- A verdade entendida como unha propiedade das cousas mesmas.
Verdade como coherencia
Unha proposición é verdadeira se é coherente cun conxunto de proposicións.
Verdade como adecuación
Para saber se unha proposición é verdadeira hai que contrastala coa realidade, non hai que recorrer a outras proposicións senón á realidade.
Criterios de Verdade
- Unha crenza non é verdadeira porque o estableza unha tradición.
- A autoridade tampouco é un bo criterio para dicir que un enunciado é verdadeiro.
- As institucións ou soños son inválidos.
Razón
Coa razón complétase o último elemento dos imprescindibles para que haxa un coñecemento. A razón xustifica ou critica os enunciados.
Racionalidade Teórica
O uso da razón cando escolle as mellores razóns polas que unha afirmación é considerada verdadeira. Pola racionalidade teórica coñecemos a realidade.
Racionalidade Práctica
Consiste no uso da razón cando escolle os medios máis axeitados para lograr un obxectivo determinado.
Modelos filosóficos sobre o coñecemento
Escepticismo
Afirma que o coñecemento non é posible. Dous filósofos:
- Montaigne (1533-1592): Desconfiaba de calquera sistema filosófico, o sabio era o que dubidaba.
- Descartes (1596-1650): Recolleu unha serie de argumentos que apoiaban a tese de que non se pode coñecer nada con certeza e que é posible dubidar de todos os coñecementos que temos. A súa finalidade era refutar argumentos e probar que o coñecemento é posible.
Racionalismo
O coñecemento orixínase no uso da propia razón. Os seguintes rasgos:
- Confianza na razón humana: a razón é a fonte de coñecemento.
- Infravaloración do coñecemento sensible: a información que procede dos sentidos é enganosa e limitada.
- Crenza na existencia de ideas innatas: o ser humano nace cunhas ideas impresas na súa razón, que non poden derivarse da experiencia.
- Defensa do método dedutivo: a partir dunhas ideas evidentes derívase, por dedución e leis lóxicas, un sistema de coñecementos completo.
Empirismo
O coñecemento orixínase principalmente da experiencia do mundo a través dos sentidos.