Criterios da Verdade: Correspondencia e Coherencia

Filosofía e ética2,52 KB

...comprensións ou interpretacións. Hai outra rama denominada "hermenéutica normativa" que defende a posibilidade de atopar uns criterios cos que discernir entre interpretacións correctas e incorrectas.

  • Criterios da verdade

A autoridade: tómase unha afirmación como verdadeira por proceder de alguén a quen se concede crédito polo seu coñecemento nunha materia, de alguén en quen confiamos.
A tradición: tómase por verdadeiro aquilo que recibimos das xeracións anteriores.
A evidencia: é o criterio que se basea en probas obxectivas, comprobables de modo intersubxectivo, tanto se son racionais (en lóxica e matemáticas) coma se son empíricas (comprobacións experimentais).

A verdade como correspondencia ou adecuación

Afirma que a verdade consiste na correspondencia ou adecuación entre o que dicimos ou pensamos e a realidade. Os elementos básicos que constitúen a actividade de coñecer son o suxeito do coñecemento e o obxecto. Cando hai correspondencia entre o que se pensa-di e o que é ou sucede ao ver a... Presentan algúns problemas:

  • Non podemos saber se a linguaxe describe realmente os feitos ou non.
  • Un enunciado será falso cando a calidade que se predica do suxeito non se corresponda cunha propiedade do obxecto. Por outra parte, un enunciado será falso no caso en que o suxeito non se corresponda con ningún obxecto real.

Aristóteles. Wittgenstein.

A verdade como coherencia

Todo coñecemento novo entra a formar parte dun conxunto previo e estruturado, é dicir, dun sistema de coñecementos xa establecido. A verdade dun coñecemento novo ou dun enunciado calquera xulgámola tendo en conta o sistema de coñecementos que xa posuímos. Ese coñecemento novo será verdadeiro se é "coherente" co sistema de coñecementos en que se integra e será falso se entra en contradición con ese sistema. Presentan algúns problemas:

  • Cando desbotamos un enunciado como falso, por non ser coherente co sistema dos nosos coñecementos nunha área determinada, pode suceder que esteamos prescindindo dunha verdade capaz de revolucionar todo o sistema.
  • Seguindo a Russell, caemos na conta de que tanto un enunciado coma o seu contrario poden ser coherentes con sistemas de coñecementos diferentes, co que teriamos que admitir que ambos son verdadeiros.

Hegel. Otto Neurath.

Descargar

PDF Word HTML