Contabilidade e Patrimonio: Definición, Contas Anuais e Obrigações

Economía9,44 KB

Definición de Patrimonio:

O patrimonio dunha empresa pódese definir como o conxunto de bens, dereitos e obrigacións que constitúen os medios económicos e financeiros a través dos que esta pode cumprir os seus fins.

A Imaxe Fiel:

A contabilidade é un sistema de información que procura coñecer o estado do patrimonio dunha empresa, mediante o rexistro de todas as transaccións económicas que se producen na mesma. Ten a finalidade de mostrar unha imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da empresa, referida á data de finalización do exercicio económico. Para iso, o rexistro contable debe ser fiable, comprensible, comparable e relevante.

O obxectivo de imaxe fiel é unha aspiración referida á fiabilidade da información contable elaborada de acordo coas regras establecidas pola normativa legal.

Contas Anuais:

As contas anuais teñen a finalidade de mostrar a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da empresa, referida á data de finalización do exercicio económico. Toda esta información debe depositarse no Rexistro Mercantil.

As contas anuais son as seguintes:

  • Balance
  • Conta de Perdas e Ganancias
  • Estado de cambios no Patrimonio Neto
  • Estado de fluxos de efectivo
  • Memoria

Estrutura do Balance:

O activo indica as inversións que realizou a empresa e o patrimonio neto e o pasivo mostran de onde veñen os fondos que financiaron as inversións.

Activo: Bens (o que a empresa ten) Dereitos (o que lle deben a empresa)

Patrimonio neto e pasivo: Patrimonio neto (aportacións dos socios ou fondos propios) Pasivo (o que a empresa debe a terceiros)

Características do balance:

  • Refírese a unha data determinada
  • Exprésase en euros
  • O total do activo é igual á totalidade do patrimonio neto máis o pasivo
  • No activo ordénanse todos os elementos de menor a maior liquidez
  • O patrimonio neto e o pasivo ordénanse de menor a maior exixibilidade

As Contas:

As contas que representan elementos patrimoniais do activo, chámanse “contas de activo” e as que representan elementos patrimoniais de pasivo ou neto chámanse “contas de pasivo e neto”. Dentro de cada conta distinguimos o “debe” do “haber”. Unha conta represéntase en forma de “T”. Na parte superior de “T” indícase o nome da conta. Na parte inferior esquerda reflectimos o “debe” e na dereita o “haber”

Entendemos por saldo da conta, a diferenza entre os totais do debe e do haber:

  • Debe > haber: saldo debedor
  • Debe < haber: saldo acredor
  • Debe = haber: saldo cero. Conta saldada ou cancelada

Para que a información sexa homoxénea entre distintas empresas e poidamos facer comparacións, existe o Plan Xeral Contable que é de aplicación obrigatoria na contabilidade das empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica. Coa aprobación en 2007 do Plan Xeral de Contabilidade preténdese a adaptación da lexislación contable coa normativa da Unión Europea.

Memoria:

É o documento que ten por finalidade completar, ampliar e comentar a información contida nos outros documentos que forman as contas anuais. Debe facilitar información comparativa, incluso de carácter descritivo, en sintonía co disposto no Plan Xeneral de Contabilidade.

Contido da memoria:

3. Aplicación de resultados. Información sobre a proposta de aplicación do resultado do exercicio. 4. Normas de rexistro e valoración. Indicaranse os criterios contables aplicados.

5. Inmobilizado material, intanxible e investimentos inmobiliarios.

Informe de Xestión:

É un documento que están obrigados a realizar todas as sociedades e aínda que non forma parte integrante das contas anuais, presentase xuntamente con elas. No informe de xestión explícase a evolución do negocio e proporciona información sobre a situación actual e futura, sendo de grande interese para os accionistas e potenciais inversores. Este informe de xestión preséntao a empresa ante os accionistas e contén información posterior ao peche do exercicio, indicando a evolución posible da sociedade, datos sobre as actividades en investigación e desenvolvemento (I+D). Este informe amplía a información das contas anuais, e pode ir acompañado dun Informe da auditoría que é a análise feita polos auditores externos sobre a actividade da empresa, e no que se expresa unha opinión (positiva ou negativa) sobre as contas anuais da empresa.

Estado de Cambios no Patrimonio Neto

Documento que reflicte o valor inicial do patrimonio neto e informa sobre as súas variacións ao longo do exercicio

Estado de Fluxos de Efectivo

(obrigatorio para as empresas que teñan que facer o balance normal) Informa sobre as variacións, aumentos ou diminucións, dos saldos de “efectivo” da empresa (comprende tanto o diñeiro en caixa como os depósitos bancarios á vista). É dicir, avalía a capacidade da empresa para xerar tesourería. Isto permite coñecer se a empresa poderá atender aos pagos a curto prazo e planificar as necesidades de tesourería a medio e longo prazo.

Obrigações Contables: Libros Contables Obrigatorios, Verificación e Presentación das Contas Anuais

A .- Obrigacións contables: Os libros obrigatorios garanten que os rexistros contables das empresas poidan ser coñecidos e analizados por outras persoas ou institucións, cumprindo así coa función de transparencia na información prevista no plan xeral de contabilidade.

Son obrigatorios os seguintes libros:

  • Libro diario. Rexistro diario das operacións económicas e financeiras, indicando o debedor, o acredor, e unha breve explicación da operación de que se trata.
  • Libro de inventarios e contas anuais: Ábrese co balance inicial, recolle trimestralmente os balances de comprobación de sumas e saldos e se pecha co inventario de peche e coas contas anuais.
  • Contas anuais, documentos que reflicten a situación da empresa.
  • Outros libros obrigatorios, aínda que non contables, son o Libro de Actas que recolle os acordos das xuntas da empresa, o Libro rexistro dos socios e das accións nominativas nas sociedades anónimas, o Libro de visitas dos órganos de inspección de traballo, e o Libro de matrícula de persoal que leva control das altas e baixas das traballadoras/es.

Libros non obrigatorios: O libro maior facilita un control individualizado de cada conta (caixa, bancos, existencias, provedores, clientes,...), recolle a situación real de cada elemento patrimonial. As diferentes contas que se empregan, así como a súa definición aparecen no Plan Xeral de Contabilidade.

B .- Verificación e presentación das contas anuais (auditoría de contas, rexistro mercantil). Auditoría de contas: Órgano externo á empresa que controla aos administradores en nome dos socios, nomeado pola Xunta Xeral cunha duración entre 3 e 9 anos.

Os auditores de contas:

  • Revisarán as contas anuais e o informe de xestión
  • Verificarán a concordancia dos documentos anteriores.
  • Redactarán un informe detallado con observacións sobre calquera feito que poda supoñer un risco para a situación financeira da sociedade.

Non están obrigadas a someter as contas a verificación do auditor as sociedades que poidan presentar o balance abreviado. Pero os accionistas poderán solicitar a revisión das contas anuais.

Rexistro mercantil: É unha oficina de rexistro pública, dependente do Ministerio de Xustiza a través da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, que ten como finalidade a publicidade oficial das situacións xurídicas dos empresarios inscritos nel, ademais doutras funcións asignadas por lei. Contén información pública e veraz para que poida ser coñecida por terceiros que se relacionan coas empresas. En particular, as contas anuais que elaboran as empresas deberán depositarse no Rexistro Mercantil.

O Balance Social: Concepto, Obxectivo e Indicadores

A empresa incide sobre o seu contorno e á súa vez está condicionada por el. O balance social informa da responsabilidade social da empresa na súa relación cos axentes sociais. Nace da necesidade de pedir contas ás empresas pola súa xestión, no só económica, senón tamén social. Trátase de coñecer o impacto da actividade da empresa na sociedade na que está inmersa. Xa que logo, a información do balance social é cuantitativa e tamén cualitativa

Empregos: Xornada de traballo e horario. Uso do espazo. Condicións de traballo: seguridade, protección e hixiene.

Recursos:

As persoas. Número. Idade e sexo.

A sociedade. Os datos sociais. Os aspectos culturais

Distintas situacións de equilibrios que nos podemos atopar

  • Equilibrio financeiro total ou de máxima estabilidade: Activo = Patrimonio Neto
  • Equilibrio financeiro normal ou estabilidade normal: Activo > Pasivo esixible
  • Desequilibrio financeiro a curto prazo: Activo Corrente < Pasivo corrente
  • Desequilibrio financeiro a longo prazo: Activo = Pasivo
  • Situación de grande inestabilidade patrimonial (ou estado de quebra): Activo < Patr. Neto + Pasivo

Descargar

PDF Word HTML