O Coñecemento como Proceso: A Experiencia Sensible

Filosofía e ética10,81 KB

Definimos 'percepción' como proceso do sistema nervioso superior que permite ó organismo, a través dos sentidos, recibir, elaborar e interpretar información procedente do contorno. Logo, non é o mesmo sensación (detección) que percepción (Interpretación)

Na percepción interveñen factores:

- Obxectivos: excitación, sensación

- Subxectivos: experiencias previas, influencias dos grupos sociais e culturais etc.

É un proceso:

-bipolar: depende dos estímulos externos e do suxeito

-de información sobre o mundo, que posibilita a adaptación

-de selección de información, en base a atención; atención que depende de factores relativos á propia información (cor, tamaño, movemento, posición...) e factores dependentes do suxeito: intereses, gustos, necesidades, motivacións

Descrición do proceso perceptivo:

Os estímulos provocan desposta (as sensacións)

Os estímulos son a enerxía que excita os órganos sensoriais; necesítase unha cantidade mínima de estímulos para que se produza a sensación (umbral mínimo).

Hai un tope, un máximo de estimulo, a partir do cal non se produce aumento de sensación (umbral máximo)

O umbral diferencial sería a cantidade de estímulo -enerxía- precisa para producir unha variación na sensación.

Teorías sobre a Percepción

1. Asociacionistas: A entenden como suma de sensación; mosaico delas que se asocian mecánicamente (Wundt)

2. Funcionalistas: Centran a importancia no que aporta o suxeito (expectativas, desexos...)

3. Teoría da Forma ou Gestalt: A capacidade de percibir (innata) implica a organización ou constitución de formas (figuras sobre un fondo), segundo unhas leis constitutivas. Köhler, Wertheimer, Köfka.

Dous Defectos na Percepción

-Ilusións: distorsión de percepcións; poden ser: 'normais' (non poden deixar de darse en circunstancias normais dos sentidos) e 'anormais' (dependen do suxeito, que deforma a percepción por alteracións patolóxicas, estados de tensión etc.)

-Alucinacións: Produción de imaxe-es sen que haxa obxecto real que as produza. Causas: lesións cerebrais, drogas...

Importancia da Memoria no Proceso de Coñecemento

Definición de memoria: é a actividade psíquica que permite fixar, conservar, evocar e localizar recordos posibilitando reproducilos.

Ás veces actúa como válvula de escape, permite escapar do presente ao pasado;

Non pode crear nada novo, a diferenza da imaxinación.

Ámbito do Coñecemento: Graos

-Dúbida: Actitude consistente en cuestionar a posibilidade de obter coñecementos verdadeiros. Caracteriza o Escepticismo.

- Opinión: Apreciación subxectiva carente de seguridade e de posibilidade probatoria: non se apoia en razóns sólidas.

- Crenza: Apreciación feita con certeza -seguridade subxectiva- pero sen xustificación obxectiva suficiente (non se pode probar).

Coñecemento: Crenza que podemos probar obxectivamente: podemos dar razóns aos demais.

Problema da Verdade

Verdade:

- É o obxectivo do coñecemento

- Hai múltiples formas de entendela

- Sempre se concibe en relación coa obxectividade

Orixe da palabra 'verdade':

- Comenzou interpretándose como unha propiedade dos seres (VERDADE ONTOLÓXICA): os gregos a denominaban alétheia: o que non está oculto, o que está manifesto; asi a entendian como desvelamento ou descubrimento do que as cousas realmente son fronte o que parecen ser. O termo hebreo emunah refirese á verdade como confianza, seguridade, solidez; o verdadeiro é o sólido, fiable.

- Veritas, o termo latino, fai referencia á exactitude e rigor no dicir, verdadeiro sería o exacto e completo referido ó noso coñecemento das cousas; por iso falamos de VERDADE EPISTEMOLÓXICA.

A verdade como obxectivo do coñecemento

Precisamos establecer o CRITERIO que permita decidir qué é verdadeiro. CRITERIOS DE VERDADE (procedementos que permita distinguila da falsidade):

- AUTORIDADE: A verdade acéptase como tal por proceder de alguén distinguido polo seu coñecemento na materia.

TRADICIÓN: Tomase como verdadeiro aquilo que foi considerado como tal ó longo do tempo e que goza de apoio popular e/ou institucional.

- CORRESPONDENCIA PENSAMENTO REALIDADE: Tense por verdadeiro o que concorda coa realidade empírica; adecuación entre o que se di e o que é. A comprobación experimental é un modo de buscar tal adecuación.

- COHERENCIA LÓXICA: Algo é verdadeiro se non hai contradición cos enunciados pertencentes ó mesmo sistema e se se deduce -con rigor lóxico- dos axiomas ou principios establecidos.

- UTILIDADE: Verdadeiro = o beneficioso e útil para nós, o que nos permite orientarnos e avanzar nas nosas investigacións.

- EVIDENCIA: É verdadeiro o que se intúe como evidente, resultandonos imposible dubidar sobre a súa verdade (A=A; O todo é maior cás partes...)

- Criterio de verdade como CONSENSO (Escola de Frankfurt)

Teorias da Verdade

1. Verdade como correspondencia ou adecuación: Coincide co sentido común: enténdese como 'axuste', 'correspondencia' ou 'adecuación' entre o que se di de algo e o que ese algo é. Correspondencia, pois, entre a nosa representación de algo e ese algo mesmo = correspondencia formal.

PROBLEMA: Pódese comprobar unha conexión entre o pensamento e a realidade dende unha posición obxectiva e externa a esa relación?

2. Verdade como coherencia : A verdade de unha proposición depende da súa posible ou imposible incorporación no conxunto de proposicións que temos xa por verdadeiras; calquera novo coñecemento que realicemos terá que realizarse dende os coñecementos xa posuídos, e o consideraremos verdadeiro se o podemos integrar nese corpo de coñecementos: criterio contextual: nada é V / F illadamente senón referido-conectado co conxunto de saberes en que se integra.

3. Teoria pragmatista da verdade: Defendida, dende os sofistas gregos ata os utilitaristas angloxaxóns dos séculos XIX e XX como William James. Identifica co útil aquilo que conduce a resultados positivos: un enunciado é verdadeiro se é instrumento útil e eficaz, adecuado para resolver problemas e satisfacer necesidades; verdade, pois, referida á prática, logo provisional: concepción dinámica da verdade - a verdade é algo provisional e ligado ós resultados prácticos.

4. Teoria relativista: O verdadeiro e o falso dependen das circunstancias históricas, xeográficas ou culturais do momento.

5. Teoria consensual: (Pearce, Apel, Habermas...) Á verdade chégase por diálogo, conseguindo razóns suficientes para obter o consenso da comunidade de interlocutores en torno ó que se ten por verdadeiro. Debe ser un diálogo se presións externas e á busca da verdade; as verdades científicas son sempre revisables.

O Coñecemento e o Problema da Verdade

O coñecemento pode definirse como unha opinión verdadeira que somos quen de xustificar. Existen moitas formas distintas de levar a cabo esta xustificación, que se corresponden con outras tantas maneiras diferentes de coñecer.

1. Modos de Coñecer (Formas de coñecemento):

1. Todos estamos familiarizados coa percepción sensorial, que é unha forma de conecemento imprescindible porque é a que nos permite recoller información arredor do mundo que nos arrodea. O que captamos a través dos sentidos podenos servir para xustificar moitas das nosas afirmacións sobre a experiencia empírica.

2. Tamén a memoria é unha forma de coñecemento crucial. Permitenos gardar e recuperar información, algo que resulta esencial para coñecer.

Convén, con todo, ter en conta que hai diferentes tipos de memoria. A memoria episódica fai referencia á nosa capacidade de lembrar sucesos e experiencias que vivimos no pasado, como cando evoco o que fixen o verán pasado. A procedemental ten relación coa nosa capacidade para lembrar como desenvolver unha actividade, que é o que ocorre cando lembro como se fai unha tortilla. A semántica, pola contra, é a que nos permite gardar contidos significativos, como cando estudas un tema para preparar o teu exame.

3. A razon é outra forma de coñecemento fundamental, dado que nos axu-da a encadear proposicións para realizar inferencias e extraer conclu-sións a partir delas. Dese xeito, unha boa parte do que coñecemos pode xustificarse racionalmente. Asi sucede, por exemplo, en campos do saber tan importantes como as matemáticas ou a lóxica.

4. A emoción tamén é unha destacada forma de coñecemento. Moitas das cousas que sabes sobre a túa relación cos demais baséanse nas emocións que experimentas cando interactúas con eles. A emoción tamén nos achega unha información moi valiosa cando tentamos coñecernos a nós mesmos.

Algúns autores cren que as emocións desempeñan un papel clave no cñecemento moral porque pode axudarnos a distinguir as accións concretas das que son inadecuadas.

5. Unha forma de coñecemento particularmente importante é a imaxinación, debido ao destacado papel que desempeñan na creación e a innovación. Partindo do que xa coñecemos, os seres humanos somos quen de elaborar imaxes mentais combinando elementos previos de maneiras orixinais. A capacidade que temos de imaxinar realidades novas fai posible que introduzamos cambios na nosa contorna, e que descubramos maneiras orixinais e diferentes de interpretar a realidade.

6. A intuición é unha forma de coñecemento controvertida, porque non hai unanimidade á hora de recoñecela como unha maneira válida de xustificar o que sabemos. Intuir consiste en captar unha verdade de xeito directo e inmediato, sen necesidade de realizar complicados procesos de pensamento ou de procesamento da información. Ainda que esta forma de coñecemento non convence a todos, o certo é que algúns filósofos lle outorgan un papel fundamental.

Descargar

PDF Word HTML