Conceptos Filosóficos Clave: Un Glosario Esencial
Pathos Tráxico
Sentimento tráxico da vida que asume o seu carácter bipolar de pracer e dor.
Mecanicismo
Teoría que concibe a realidade como dotada dunha estrutura comparable á dunha máquina, de modo que pode explicar os fenómenos naturais segundo un modelo mecánico (materia en movemento), desterrando o finalismo e reducindo a realidade a propiedades matemáticas.
Perspectivismo
Concepción do mundo a partir de distintos puntos de vista ou perspectivas diversas, sen que sexa posible unha obxectividade.
Transvaloración
Transfiguración dos valores como anulación dos límites e a conquista dun dominio absoluto do home sobre a terra e sobre o corpo. Recuperación da primacía do sentimento de poder e da vitalidade.
Vontade de poder
Esencia da realidade e do ser humano que se refire á capacidade de autoafirmación e despregue de todas as potencialidades vitais desa realidade e do individuo; capacidade de valoración ao servizo da vida. Forza creadora, desexo cego de ser ou de seguir vivindo.
Morte de Deus
Expresión simbólica ou metafórica que se refire ao desmoronamento dos valores da cultura occidental encarnados na figura divina, que estaría representando unha única verdade, unha única razón, un único ben ao servizo da anulación da vida.
Nihilismo
Feito histórico acaecido na época na que vive o autor (segunda metade do século XIX), froito dun proceso de séculos, e caracterizado pola quebra dos valores da cultura cristián-occidental (simbolizados por Deus) e coa conseguinte perda do sentido que dita caída conleva. Estes valores haberían chegado ao seu total esgotamento na carreira contra a vida que protagonizan ao longo da historia, e serían valores de decadencia: humildade, compaixón, altruísmo, debilidade de espírito, sentido gregario (moral do rebaño).
Superhome
Ideal ético-estético proposto polo autor e xurdido pola superación da morte de Deus, nunha concepción activo-positiva do nihilismo. Encarna os valores ascendentes: egoísmo, autosuperación, autoafirmación, capacidade de creatividade, inocencia, ansia de vida e de despregue total da propia esencia. Espiritualmente, identifícase co neno que xoga. Vive na crenza do eterno retorno do mesmo e desenvolve a súa vontade de poder.
Eterno Retorno
Autoaceptación do mundo e da vida, o si que o mundo se di a si mesmo. Comprensión total dos acontecementos da realidade, do sentido da terra.