Conceptos Clave do Empirismo de Hume: Percepcións e Coñecemento

Filosofía e ética2,68 KB

Conceptos Clave do Empirismo de David Hume

Percepcións

Contidos mentais básicos cos que traballa o entendemento, chamados tamén representacións. Poden provir dos sentidos, estar movidos pola paixón ou ser froito do noso pensamento ou reflexión.

Impresións

Sensacións ou percepcións inmediatas da experiencia, como imaxes, paixóns e emocións. Segundo a súa orixe, poden ser:

  • De sensación: Aquelas cuxa orixe se descoñece (que procedan do mundo exterior é un presuposto que haberá que investigar). P. ex., o cheiro a azucre queimado.
  • De reflexión: Aquelas que proceden de estados exclusivamente mentais (incluídas algunhas ideas). P. ex., o aburrimento dunha longa espera.

Ideas

Imaxes ou copias difusas das impresións. Son o produto da imaxinación e da memoria, e non posúen o grao de intensidade dos orixinais. P. ex., o recordo do frío padecido.

Percepcións Simples

Contidos do entendemento que non poden dividirse noutros menores. P. ex., o tacto do terciopelo, ou o recordo dese tacto.

Percepcións Complexas

Contidos do entendemento que non se poden descompoñer en percepcións máis simples. P. ex., a percepción dunha laranxa, ou a idea da laranxa.

Principio de Correspondencia

Presuposto fundamental da investigación humeana segundo o cal a toda idea lle corresponden impresións das cales deriva. Del derívase o fenomenismo.

Matizando:

  • Toda idea simple provén das súas correspondentes impresións simples.
  • As ideas complexas, nalgúns casos, veñen de impresións complexas (p. ex., a idea de mazá da impresión de mazá).
  • Noutros casos, as ideas complexas son froito da combinación e unión que realiza a imaxinación coas impresións simples (p. ex., a idea de mazá da impresión dun cheiro).

Relacións (Leis de Asociación de Ideas)

Leis de asociación de ideas. A saber: semellanza, contigüidade espazo-temporal e causalidade.

Tipos de Coñecemento Segundo Hume

  1. Relacións de ideas: Xuízos que establecen relacións entre ideas e conceptos. Non describen o mundo e non xorden da experiencia, senón do razoamento. Son universais e necesarios, e a súa negación é un absurdo (p. ex., os xuízos das matemáticas).
  2. Cuestións de feito: Afirmacións nas que se establecen relacións entre feitos que se deberán comprobar mediante a observación e a experiencia. Son continxentes e probables, e a súa negación é posible (p. ex., “As nubes traen auga”).

Descargar

PDF Word HTML