Capitalismo e Revolución Industrial
Capitalismo
Tipos de Capitalismo
Capitalismo mercantil: Ten a súa orixe no desenvolvemento das actividades comerciais por parte da burguesía.
Capitalismo industrial: Está estreitamente vinculado co desenvolvemento da revolución. As novas fábricas convértense no motor básico e transformador, tanto das estruturas económicas como sociais, ao mesmo tempo, xeran grandes beneficios e capitais que dan á burguesía unha posición dominante.
Capitalismo financeiro: Existe este tipo de capitalismo cando se dá unha subordinación de todas as actividades económicas ao capital bancario e financeiro. Algúns prefiren empregar o cualificativo de gran imperialismo.
A Revolución Industrial
Características da Revolución Industrial
As fondas transformacións económicas, políticas, sociais e ideolóxicas que tiveron lugar a finais do século XVIII e principios do XIX, relacionadas fundamentalmente coa Revolución Industrial e as revolucións liberais, impuxeron un novo marco económico dominante: o capitalismo. A súa base doutrinaria está no pensamento liberal, a súa racionalización teórica nas obras dos chamados economistas clásicos.
Conceptos Clave
- Crises cíclicas: É unha interpretación, proveniente das teorías de Karl Marx, da sucesión dos ciclos económicos do capitalismo, sistema económico que, na práctica, se caracteriza polas sucesivas etapas de crecemento, desenvolvemento e crise económica.
- Plusvalía: A diferenza entre o prezo ao que se merca a forza de traballo e o prezo ao que se vende é a plusvalía. Toda a plusvalía é a materialización dun traballo non pagado.
- Proletariado: É basicamente o traballador e traballadora industrial urbano que só ten como medio de vida a venda da súa forza de traballo. O seu número foi incrementando progresivamente, en estreita relación coa industrialización.
- Ludismo: As primeiras formas de protesta do proletariado están relacionadas coas máquinas, ás que vían como causa directa da perda de salarios e de postos de traballo. Esta constatación provocou reaccións violentas que desembocaron en ameazas contra os donos das fábricas e na destrución de instalacións de máquinas e fábricas.