Arte do Século XX: Movementos, Vangardas e Picasso
A Arte no Século XX: Contexto e Transformacións
No século XX existen moitos movementos artísticos. Este século está condicionado polas guerras. Os períodos establecidos son:
- Antes da I GM: Expresionismo, Fauvismo, Cubismo e Futurismo.
- Período entre guerras: Dadaísmo, Neoplasticismo e Surrealismo.
- Posterior á II GM: Informalismo, Neofiguración, Pop Art, Realismo, Hiperrealismo, Arte Povera, Land Art e Arte Conceptual.
As clases sociais foron condicionadas polos movementos obreiros. As ideas de Einstein e a interpretación dos soños de Freud fixeron que mirásemos a realidade doutra forma. O desenvolvemento da fotografía fai que a arte non teña que captar a realidade. A mellora dos transportes fai que chegue a arte primitiva.
O centro da arte será París ata que chegue a II GM, que levará consigo a marcha dos artistas a Nova York, establecendo alí a capital da arte. Os artistas comezarán a destruír a arte tradicional. Para eles, as obras comezarán a ser un vehículo de comunicación.
Período Entreguerras
A I GM produciu unha sensación de amargura e pesimismo. Planteouse unha reacción contra a sociedade e as clases dirixentes que provocaron tal desastre. Os anos 20 supoñen a recuperación económica de Europa, pero tamén a crise do 29.
Desenvolvemento de tendencias:
- Valoración da imaxinación e do azar, iniciada polo Dadaísmo e seguida polo Surrealismo.
- Os que defenden a arte non obxectiva: a arte non debe imitar á natureza. Maniféstase en tres: De Stijl, Constructivismo e Bauhaus.
Arte Posterior á II GM
Tras a destrución de Europa pola II GM, os artistas acoden ao exilio. Aquí, Nova York converterase nunha das capitais máis importantes do mundo da arte. As galerías pasan a controlar o mercado. Esta época ten como precedente as vangardas.
Pablo Picasso: Vida e Etapas
Picasso naceu no 1881 e morreu no 1973. O seu pai era pintor e profesor na Escola de Belas Artes.
Formación inicial:
- Dende 1891-95 viviu en A Coruña, alí pasou as primeiras etapas de formación.
- No 1895 trasládase a BCN, onde continuará a súa formación. Desta época son: “A Primeira Comuñón”, “Ciencia ou Caridade”.
- Frequentaba ambientes bohemios e modernistas como “Els Quatre Gats”.
Viaxes e Vangardas:
Viaxa a París no 1900, alí entra en contacto co Impresionismo. No 1901 comeza a súa etapa azul, influenciada polo Greco. En 1905 comeza a etapa rosa. Tamén recibe influencias da escultura ibérica e da arte africana. E sobre todo destaca no Cubismo, e sobre o ano 1917-25 recibe unha influencia clásica.