Antigo Réxime en España (s. XVIII): Economía
O Antigo Réxime na Coroa de España no século XVIII
No século XVIII, o Antigo Réxime na Coroa de España presentaba os seguintes trazos:
1.1 Sistema económico predominantemente agrario
- Actividades agrícolas e gandeiras como base económica:
- Carácter predominantemente de subsistencia.
- A meirande parte dos excedentes agrarios destinábanse ao pagamento de rendas aos propietarios da terra, quen as gastaban en produtos suntuarios e de luxo.
- Técnicas e instrumentos agrícolas rudimentarios.
- Rendementos baixísimos (entre 3 e 6 por 1).
- Escasas innovacións, agás nalgunhas zonas debido á introdución do millo.
- Nivel de vida dos campesiños e xornaleiros de permanente miseria e pobreza.
- Réxime de propiedade da terra segundo modelos medievais: A maioría das terras eran propiedade de nobres, eclesiásticos ou concellos e estaban suxeitas a algún tipo de vinculación que impedía a súa venda. Os propietarios arrendábanas mediante contratos de curta ou longa duración.
- Escaso desenvolvemento das actividades artesanais e comerciais:
- A produción artesanal mantíñase no nivel do taller e da manufactura, rexida por normas gremiais que controlaban os prezos, as calidades, o volume de produción e limitaban a liberdade de empresa. A produción destinábase ao consumo local en artigos básicos e, minoritariamente, de luxo.
- Escaso desenvolvemento tecnolóxico e das técnicas de produción. As familias campesiñas realizaban unha produción artesanal nos seus tempos libres.
- Excepción: Cataluña, onde se produciu, ao longo do século XVIII, o desenvolvemento dunha industrialización moderna baseada na produción de tecidos de algodón (indianas).
- Escaso comercio interior debido ao subconsumo, á autosuficiencia dos campesiños e ás dificultades de comunicación. Existían aduanas interiores (portos secos) e taxas.
- Comercio exterior ligado aos intercambios coas colonias americanas. España, incapaz de producir para abastecer as Indias, importaba de países estranxeiros pagando con metais preciosos de América. Os comerciantes españois actuaban unicamente como intermediarios.
- Intervención do Estado mediante o fomento e creación de manufacturas e o control de prezos e mercados.