A Actividade Económica: Necesidades Humanas e Bens
A ACTIVIDADE ECONÓMICA
A actividade económica ten como obxectivo a satisfacción das necesidades humanas. Estas necesidades son identificables e medibles. O principal problema económico que terá que afrontar a sociedade é como garantir a supervivencia.
AS NECESIDADES E OS BENS
NECESIDADES:
- Segundo o carácter: económicas (cando se satisfán por bens derivados da economía) e non económicas (cando son de tipo anímico ou espirituais).
- Segundo a importancia: básicas (as que están vinculadas á supervivencia), secundarias (cando están cubertas as necesidades máis prementes búscanse estas necesidades como o transporte, calefacción, diversión...) e de luxo (son aquelas ás que aspiramos cando temos cubertas as anteriores).
- Segundo o tempo: presentes e futuras.
- Segundo o suxeito: individuais (sentímolas cada individuo en particular) e colectivas (xorden polo feito de vivir agrupados e podemos satisfacelas colectivamente).
Para medir ou cuantificar a distinta situación en que nos atopamos os humanos respecto da satisfacción das nosas necesidades utilizamos os indicadores socioeconómicos. Un indicador é un valor que permite comparar distintas situacións. Para cubrir as necesidades precísanse uns recursos que axudarán na consecución de determinados resultados. Ambos, recursos e resultados, son indicadores do estado de desenvolvemento dun país.
Nivel básico de satisfacción das necesidades básicas:
- Alimentos, Auga, Medio ambiente, Saúde e educación.
BENS:
- Segundo a natureza: materiais (producidos ou existentes na natureza) e mobiliarios (todos aqueles que poden ser transferidos dun lugar a outro). Se facemos referencia á súa durabilidade distinguimos entre duradeiros e perecedoiros.
- Segundo a propiedade: públicos (propiedade colectiva) e privados (propiedade individual).
- Segundo o uso: intermedios (forman parte ou van ser utilizados para fabricar outros produtos) e bens finais (os que están listos para ser utilizados). Complementarios (deben ser usados conxuntamente) e substitutivos (os que se autoexclúen). De consumo (os que se utilizan para satisfacer as necesidades da poboación) e de investimento (os que se utilizan para producir outros bens). Unha parte destes investimentos veñen efectuados polos gobernos ou empresas privadas para crear a infraestrutura ou conxunto de bens de capital acumulados dunha sociedade.
Outra forma de presentar esta clasificación pode ser do seguinte xeito:
- Bens intermedios: enerxía, material para construción, extracción e transformación de minerais non enerxéticos, industria química, outras industrias intermedias.
- Bens de consumo: alimentos, bebidas e tabaco, outras industrias manufactureiras de consumo.
- Bens de equipo: estruturas metálicas e caldeiraría, material de transporte, maquinaria e outro material de equipo.