Actividade Económica e Axentes: Guía Completa en Galego
Actividade Económica: Conceptos Fundamentais
Que é a Actividade Económica?
A actividade económica é o conxunto de accións realizadas polos seres humanos, que consiste en producir, distribuír e consumir os bens. Os bens son aqueles produtos cos que as persoas satisfacemos as nosas necesidades; poden ser materiais e inmateriais.
A Poboación e os Recursos
A produción é o conxunto de bens producidos pola actividade económica. Para obter os bens utilízanse recursos naturais e recursos humanos.
Os recursos naturais son procedentes do medio natural. Poden ser biolóxicos, como os vexetais ou animais, ou enerxéticos e industriais. Así, producen a gandería, a industria, a agricultura...
Os recursos humanos están formados por:
- Os traballadores (man de obra)
- O capital ou os bens dispoñibles
- A tecnoloxía
Distribución e Consumo de Bens
A distribución consiste no traslado da produción e na súa venda no mercado. O mercado ten dous significados:
- Conxunto de produtores que proporcionan bens e os consumidores que os demandan.
- Lugar onde se produce a acción de compra-venda.
O consumo é a administración ou o uso dos bens producidos para satisfacer as necesidades humanas.
Os Axentes Económicos
As Empresas: Unidades de Produción
As empresas son unidades de produción de bens. A súa función é producir, distribuír e vender bens e servizos. O obxectivo das empresas privadas é a obtención de beneficio, mentres que o das empresas públicas é o interese social.
Os factores necesarios para producir son os recursos naturais e os recursos humanos. Os tipos de empresas varían segundo:
- Sector económico: primario, secundario, terciario.
- Natureza xurídica: individual, colectiva.
- Titularidade do capital: pública, privada, mixta.
- Procedencia xeográfica do capital: nacional, multinacional.
As Familias: Unidades de Consumo
As familias son as principais unidades de consumo. A súa función é gastar na adquisición de bens e servizos co obxectivo de satisfacer as súas necesidades.
O Estado ou Sector Público
O Estado é, desde un punto de vista económico, un axente fundamental. A súa función é producir a través de empresas públicas. O obxectivo é conseguir o benestar social.