Abdicacións de Baiona e outros termos históricos en España
Abdicacións de Baiona
Renuncias sucesivas acontecidas na cidade francesa de Nayonne, en 1808, de Carlos IV e o seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte, quen pouco despois cedeu estes dereitos ao seu irmán, quen reinou co nome de Xosé I Bonaparte.
Afrancesados
Reducido grupo de españois que apoiou a Xosé Bonaparte nas tarefas de goberno. Consideraban que o reformismo autoritario francés era o único medio para lograr a renovación e o cambio en España. Ao finalizar a Guerra de Independencia, foron perseguidos e moitos deberon exiliarse.
Caciquismo
Práctica política que en España controlaba as eleccións grazas á figura do cacique, persoa que dominaba o poder local e controlaba os votos do seu territorio grazas ao seu poder económico, o seu estatus social ou as súas influencias. Fixo posible a fraude electoral masiva existente no sistema da Restauración Borbónica.
Cantonalismo
Modelo de organización territorial que defende a creación dun estado composto por unidades políticas territoriais soberanas (os cantóns), que mediante acordos libres únense formando a federación española. En 1873, durante a I República, os seus partidarios protagonizaron insurreccións cantonalistas, duramente reprimidas polo exército.
Dasamortización
Proceso legal polo que, previa expropiación, se puxeron en venda, en poxa pública os bens pertencentes á Igrexa ('mans mortas') e a aos concellos ('baldíos', 'comúns', e 'propios'). Foi realizada polos gobernos progresistas de Mendizábal (1836), Espartero (1841), e Madoz (1855). Entre os seus obxectivos, destacaban obter recursos para a Facenda e reformar a estrutura da propiedade.
Encasillado/Encadramento
Proceso pola cal o ministro da gobernación elaboraba a lista de candidatos que debían ser escollidos en cada distrito electoral, colocando nas cuadrículas correspondentes os nome dos candidatos ministeriais e os da oposición. A lista era pactada polos 2 candidatos dos partidos liberais e monárquicos e a prática garantía a quenda pacífica dos gobernos de Restauración.
Estatuto Real
Nome que recibe o Decreto de 1834 polo que a raíña rexente, María Cristina de Borbón, convocaba as Cortes do Reino de España e facía pública unha lei que ven ser unha carta otorgada, pois a Coroa renunciaba a manter en exclusiva o poder, admitindo unha ampliación política en beneficio das clases posuidoras, máis conservaba a soberanía e non recollía a separación de poderes nin catálogo de dereitos.
Ludismo
Movimento de protesta dos traballadores, nos inicios da Revolución Industrial, caracterizada pola destrucción de máquinas e fábricas, ás que se culpaba da falta de traballos. Recibe o seu nome por Ned Ludd, un obreiro británico ao que se lle atribue a 1ª Destrucción de máquinas. En España, as primeiras accións ludistas tiveron lugar en Barcelona.
Manifestación dos persas
Documento que lle presentaron en 1814 a Fernando VII ao regreso do seu exilio en Francia, no que lle solicitaban a abolicion dos dereitos promulgados polas Cortes de Cadiz e da constitución en 1812, así como a restauración do Antigo Réxime.