Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Xeografía de Primaria

A Emigración en España: Historia e Consecuencias Sociais

Xeografía2,37 KB

A Esperanza de Vida e a Emigración en España

A esperanza de vida aumentou debido aos progresos médicos. Non obstante, presenta diferenzas entre os sexos, os grupos de idade e o status social. O crecemento natural no réxime demográfico actual é reducido a causa das baixas taxas de natalidade e de mortalidade, aínda que presenta certas oscilacións.

Migracións Exteriores

A 1ª etapa de auxe comprende desde mediados do s. XIX ata a 1ª Guerra Mundial (1914). Ao principio deste período, a emigración cara a América reducírase bastante; pero desde 1853, a situación cambiou debido a que os países latinoamericanos necesitaban inmigrantes e España limitou os obstáculos á emigración.

A emigración transoceánica decaeu entre as 2 guerras...

Seguir lendo "A Emigración en España: Historia e Consecuencias Sociais" »

Os trazos da poboacion : os dous tipos de movementos de poboacion,

Xeografía2,42 KB

a)A 1 é un gráfico lineal con dous eixos, no horizontal aparecen os intervalos cronolóxicos do 1861‐2015, representando a taxa de natalidade e a de mortalidade, e no vertical as taxas en tantos por mil, a fonte é o INE. A 2 é un mapa de coropletas que presenta unha división administrativa en provincias, presenta unha lenda e unha escala gráfica, a fonte é España a través de los mapas.b)Badaxoz, Biscaia, Cantabria, Lleida, Pontevedra.c)-Réxime demográfico antigo ata 1893, caracterizado por moi altas taxas de natalidade e mortalidade, co resultado de escaso crecemento da poboación. Neste réxime demográfico, propio de sociedades rurais, existía unha alta mortalidade infantil. Na gráfica sobresae o pico de mortalidade de 1885...

Seguir lendo "Os trazos da poboacion : os dous tipos de movementos de poboacion," »

''o coñecemento teorico''

Xeografía2,44 KB

A incorporación de novos países á UE afectou á industria española porque estes países están máis próximos ao grande eixe industrial europeo que constitúen os países nórdicos, Alemaña e o norte de Italia; a estrutura produtiva é semellante á española, a man de obra máis barata e a súa produtividade e cualificación en alta tecnoloxía, maior; e o investimento de capital estranxeiro permitiulles a implantación de empresas de alta tecnoloxía, aumentando o seu potencial industrial dentro da UE. Un dos sectores da industria española máis afectados é o dos automóbiles, no que España mantivo un bo ritmo de exportacións; o sector está dominado por empresas de capital estranxeiro que poden deslocalizar as industrias na procura...

Seguir lendo "''o coñecemento teorico''" »

Demografía e Urbanismo: Conceptos Clave

Xeografía4,57 KB

Conceptos Demográficos

Poboación Activa

A poboación activa é aquela que ten un emprego ou que o busca. A poboación activa pode estar ocupada (aquela que desempeña un emprego remunerado) ou estar desocupada ou en paro.

Esperanza de Vida

A esperanza de vida é o número medio de anos que unha persoa ao nacer espera vivir, supoñendo que as condicións de mortalidade permanezan constantes.

Réxime Demográfico

O réxime demográfico é cada etapa pola que pasa a evolución do movemento natural dunha poboación na que a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presentan características homoxéneas.

Censo de Poboación

O censo de poboación é o reconto da poboación dun país, que se refire a un momento determinado no tempo e que inclúe...

Seguir lendo "Demografía e Urbanismo: Conceptos Clave" »

Análise Demográfica e Económica de España: Inmigración e Estrutura da Poboación

Xeografía2,71 KB

Inmigración estranxeira

Durante o período de auxe entre 1995 e 2007, a inmigración impulsou o crecemento demográfico en España. Este crecemento foi tanto directo, pola chegada de persoas, como indirecto, polo incremento da natalidade. Grazas á inmigración, evitouuse o decrecemento demográfico nalgunhas comunidades autónomas con crecemento natural negativo.

Desde 2008, a saída de inmigrantes reduciu o volume da poboación española e a taxa de natalidade. Como consecuencia, algunhas comunidades perderon poboación.

Estrutura da poboación española

A estrutura da poboación española por sexo e idade presenta as seguintes características:

  • Xoves: Predominan os homes debido á súa superioridade numérica ao nacer.
  • Idade adulta: As diferenzas
...
Seguir lendo "Análise Demográfica e Económica de España: Inmigración e Estrutura da Poboación" »

Terciarización da Economía en España e Galicia: O Sector Servizos

Xeografía2,6 KB

O Sector Servizos e a Terciarización da Economía en España e Galicia

O sector terciario está formado por todas as actividades económicas que non producen bens materiais, senón que están dedicadas a satisfacer necesidades tanto da poboación como das empresas.

España experimentou nos últimos anos un forte proceso de terciarización, xa que este sector, que antes era minoritario, converteuse no sector dominante: en 1960 ocupaba o 30% da poboación española e hoxe achégase ao 60%, ademais de achegar o 65% do PIB.

Factores Clave da Terciarización

Unha boa parte deste incremento débese á incorporación da muller ao traballo, xa que o 85% das mulleres traballadoras fano no sector servizos.

A terciarización disparouse nos últimos anos debido...

Seguir lendo "Terciarización da Economía en España e Galicia: O Sector Servizos" »

Agricultura e Paisaxes Agrarias en España

Xeografía3,76 KB

A Floricultura en España

Na actualidade, a floricultura ocupa unhas 4.000 hectáreas (Ha.), das que case 3.000 están dedicadas á flor cortada e o resto utilízase para a obtención de plantas ornamentais. A mellora xenética da resistencia contra axentes patóxenos evita a depreciación do produto, reducindo sensiblemente o emprego de tóxicos, contra os que existe xa unha gran sensibilidade no consumidor.

Cultivos Industriais

O Cultivo do Algodón

O algodón ten unha gran tradición en España. No século XIX, Cataluña tivo unha elevada produción e mesmo puido exportar algodón a Inglaterra e Francia. Sen embargo, despois da II Guerra Mundial fomentouse de novo o seu cultivo debido ás dificultades de abastecemento no exterior. Actualmente,...

Seguir lendo "Agricultura e Paisaxes Agrarias en España" »

Demografía: Poboación Mundial, Crecemento e Distribución

Xeografía3,54 KB

A Poboación Mundial: Dinámicas e Características

A poboación mundial é o número total dos seus habitantes ou poboación absoluta. A partir dela podemos calcular a densidade de poboación, que é a relación entre o número de persoas e a superficie do territorio que ocupan. Para saber se a poboación crece ou decrece, analízanse os seguintes factores:

  • A natalidade: o número de nacidos (TBN).
  • A fecundidade: o número medio de fillos que terá unha muller na súa vida (TF).
  • A mortalidade: o número de defuncións (TBM).

Para saber se a poboación dun lugar crece, calculamos o crecemento natural ou vexetativo, tendo en conta tamén as migracións.

Estrutura da Poboación

A estrutura da poboación considérase en función de:

  • Idade
  • Número de homes
...
Seguir lendo "Demografía: Poboación Mundial, Crecemento e Distribución" »

Glosario de termos demográficos e urbanísticos

Xeografía3,22 KB

Conceptos clave: Demografía e Urbanismo

  • Rexistro Civil: Organismo oficial existente nas casas do concello, onde se inscriben os nacementos, defuncións e matrimonios ocorridos nese municipio.
  • Transición demográfica: Paso dun réxime demográfico antigo, caracterizado polas elevadas taxas de natalidade e mortalidade, a un moderno, con taxas de natalidade e mortalidade baixas.
  • Taxa de nupcialidade: É o número de matrimonios que se producen por cada mil habitantes nun ano determinado.
  • Taxa de Fecundidade: Cociente entre o número de nacementos e o número de mulleres en idade fértil (15-49 anos).
  • Taxa de mortalidade infantil: É o número de nenos menores de 1 ano que falece por cada 1000 nados vivos durante un ano.
  • Taxa de actividade feminina:
...
Seguir lendo "Glosario de termos demográficos e urbanísticos" »