Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Tecnoloxía de Bacharelato

Historia e Orixe do Galego: Substrato e Romanización

Tecnoloxía2,85 KB

Introdución

O galego, o portugués, o castelán, o francés, o provenzal, o italiano, o romanche, etc., son linguas románicas —tamén chamadas romances ou neolatinas—, é dicir variedades xeográficas do latín vulgar (latín falado). O galego é o resultado da evolución no noroeste da Península Ibérica do latín vulgar.

Substrato

Chamamos substrato á influencia dunha lingua nativa ou indíxena (que acabará sendo substituída) sobre outra lingua implantada no mesmo territorio.

Adstrato

Falamos de adstrato para referirnos á influencia recíproca entre linguas veciñas ou que conviven nun mesmo territorio.

Superestrato

Chamamos superestrato á influencia exercida sobre unha lingua aborixe por unha lingua invasora.

Periodo prerromano

Baixo...

Seguir lendo "Historia e Orixe do Galego: Substrato e Romanización" »

Fontes de Enerxía Primaria: Clasificación, Tecnoloxías e Aproveitamento

Tecnoloxía9,4 KB

Fontes de Enerxía Primaria

As fontes de enerxía primaria clasifícanse en:

Fontes Renovables

Son aquelas que se rexeneran de forma natural e continua.

  • Enerxía solar
  • Enerxía da biomasa
  • Enerxía mareomotriz
  • Enerxía da ondada (oleaxe)
  • Enerxía xeotérmica

Fontes Non Renovables

Son recursos almacenados na Terra que se poden esgotar. Así temos:

  • Enerxía nuclear de fisión
  • Enerxía de combustibles fósiles

Enerxía Solar

É o conxunto de radiacións que a Terra recibe do Sol. Parte desta radiación é rexeitada pola atmosfera. Ten a súa orixe nas reaccións de fusión que se producen no interior do Sol: os átomos de hidróxeno únense para formar helio.

Vantaxes da Enerxía Solar

  • Considérase unha fonte de enerxía renovable porque o Sol consumirase dentro
...
Seguir lendo "Fontes de Enerxía Primaria: Clasificación, Tecnoloxías e Aproveitamento" »

Plásticos, Papel e Nanotecnoloxía: Materiais e Impacto

Tecnoloxía2,82 KB

Plásticos

Os plásticos teñen unha enorme variedade de aplicacións, pero todos teñen unha cousa en común: a súa plasticidade, que é unha propiedade dos materiais que permite que se lles dea facilmente a forma que máis conveña. Os plásticos están formados por polímeros.

Clasificación dos polímeros

  • Polietilentereftalato (PET): Custo reducido, pode procesarse por soprado, etc. Excelentes propiedades mecánicas e actúa como barreira fronte aos gases. Utilízase en botellas de refrescos.
  • Polietileno de alta densidade (PEAD): Resistente á compresión, torsión e tracción. Resiste ás baixas temperaturas e é moi lixeiro. Utilízase para botellas de leite, deterxente.
  • Policloruro de vinilo (PVC): Moi resistente e lixeiro, moi versátil,
...
Seguir lendo "Plásticos, Papel e Nanotecnoloxía: Materiais e Impacto" »

Propiedades dos Materiais: Metais, Plásticos, Téxtiles e Outros

Tecnoloxía10,17 KB

Propiedades Mecánicas dos Materiais

  • Elasticidade: capacidade que teñen algúns materiais para recuperar a súa forma, unha vez que desaparece a forza que o deformaba.
  • Plasticidade: capacidade dun material a conservar a súa nova forma unha vez que desaparece a forza que o deformaba.
  • Ductilidade: capacidade que ten un material para poder estirarse en fíos.
  • Maleabilidade: aptitude dun material para extenderse en láminas sen rachar.
  • Dureza: oposición que presenta a ser raiado ou penetrado.
  • Resiliencia: resistencia que opón un corpo a impactos ou esforzos bruscos.
  • Tenacidade: resistencia que opón un corpo á súa rotura cando está sometido a esforzos lentos de deformación.
  • Fatiga: deformación, que pode chegar á rotura, dun material sometido
...
Seguir lendo "Propiedades dos Materiais: Metais, Plásticos, Téxtiles e Outros" »