Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Oposicións

Historia e evolución do ensaio galego: de Nós á actualidade

Lingua e literaturaActualizado o 3,34 KB

O Ensaio Galego: Historia e Evolución

Orixes: Irmandades da Fala e Xeración Nós (Pre-Guerra Civil)

Os inicios do ensaio sitúanse nas Irmandades da Fala e na Xeración Nós, a través das revistas de A Nosa Terra e Nós, que trataban temas nacionalistas e culturais que afectaban á nacionalidade galega.

O Ensaio durante o Franquismo (1936-1975)

O Exilio e a Resistencia Cultural

Tras a Guerra Civil, a existencia deste xénero foi case nula, xa que o sistema político impuxo unha serie de dificultades nos eidos culturais. Por iso, o ensaio tivo que se desenvolver en América, onde se publicaron obras fundamentais como Sempre en Galicia de Castelao.

A Recuperación nos Anos 50 e a Editorial Galaxia

Nos anos 50, a escrita en galego recupera forzas...

Seguir lendo "Historia e evolución do ensaio galego: de Nós á actualidade" »

Literatura Galega Contemporánea: Autores e Xéneros (1975-Actualidade)

Lingua e literatura3,86 KB

Introdución

A literatura galega actual comeza a desenvolverse dende 1975, cando o novo marco político posibilitou un aumento da produción literaria en lingua galega coa incorporación de novas editoriais como Xerais ou Kalandraka. Esta produción foi animada pola creación de premios literarios como Blanco Amor ou Xerais. Nos últimos tempos tamén pódense atopar contidos literarios en Internet que impulsan de forma progresiva o desenvolvemento da literatura galega.

Narrativa

Experimenta un gran crecemento a partir das últimas décadas do pasado século, cun seguimento amplo debido á incorporación de novas xeracións ás xa existentes.

Suso de Toro

Con estudos sobre a arte moderna e contemporánea, é guionista de televisión e colabora habitualmente...

Seguir lendo "Literatura Galega Contemporánea: Autores e Xéneros (1975-Actualidade)" »

Análise de "Ante a lei" de Franz Kafka

Lingua e literatura5,15 KB

Cohesión

Tratándose dun texto narrativo, os elementos da narración presentes nel teñen unha función cohesiva, xa que dan unidade e articulan o conxunto do relato.

O narrador é externo, exprésase en terceira persoa e é omnisciente, xa que posúe un coñecemento total dos acontecementos narrados.

Os personaxes desempeñan os papeis de protagonista (campesiño) e secundario (porteiro), e son tipos, xa que representan colectivos sociais. A súa falta de individualidade reflíctese no feito de non posuíren nomes propios.

O espazo e o tempo están pouco definidos: a acción sitúase á porta da lei, mais este lugar non se describe; o tempo ou a época histórica son indeterminados, e o do relato abrangue unha serie de anos que tampouco se especifican....

Seguir lendo "Análise de "Ante a lei" de Franz Kafka" »