Sistemas de Sonorización e Instalacións Electroacústicas
Sistemas de sonorización
- Reforzar o sinal acústico:
- En recintos amplos, o son directo pode resultar insuficiente, polo que é necesario reforzar o sinal acústico.
- En recintos con ruído ambiental elevado, onde precisamos que o nivel de son sexa o suficientemente elevado en todos os puntos.
- Distribuír o son en recintos diferentes aos que se atopa a fonte sonora.
- Distribuír sinais de alarma de voz e avisos.
Instalacións electroacústicas
As instalacións electroacústicas están formadas por unha fonte de son, a matriz de audio que incorpora os elementos de control que adaptan, controlan e xestionan os sinais que se enviarán a cada un dos amplificadores e os altofalantes.
Matriz de audio
Realiza funcións de control sobre os sinais que se aplicarán...