Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Formación profesional

Historia Contemporánea: Revolución Industrial, Liberalismo e Movemento Obreiro

Historia9,73 KB

Principios Fundamentais do Capitalismo Liberal

  • O capital, elemento fundamental da produción.
  • Liberdade económica e regulamentación do mercado pola lei de oferta e a demanda.
  • A riqueza individual, factor estimulador das actividades económicas e criterio de organización social.
  • Propiedade privada dos medios de produción.
  • Relacións de produción baseadas no traballo asalariado e na división de tarefas.
  • Desigualdade, dependencia e explotación.
  • Crises cíclicas.

2. Que entendes por “Revolución Agraria”?

Ao longo dos séculos XVIII e XIX, a agricultura europea e americana sufriu unha fonda transformación caracterizada pola renovación das técnicas e métodos agrícolas. Úsanse cada vez máis máquinas, fertilizantes e regadío.

Substitúense...

Seguir lendo "Historia Contemporánea: Revolución Industrial, Liberalismo e Movemento Obreiro" »

Feminismo, Educación e Protección Social no Século XIX

Historia3,19 KB

O feminismo social en España

Coa situación social influída pola Igrexa católica, a economía atrasada e a política case sempre conservadora, o feminismo pioneiro non se centrou en reivindicacións políticas, senón en demandas sociais, como o dereito á educación ou ao traballo asalariado.

As mulleres feministas pioneiras: Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal.


A oposición ao sufraxismo

Foi a percepción do sufraxismo como unha ameaza á familia o que impediu a súa aceptación social, polo medo á destrución da familia e, con ela, á destrución do papel reprodutor das mulleres.


Cambios ao final do século XIX

  • Os cambios políticos, económicos e sociais que viñeron unidos á “Segunda Revolución Industrial” na década de 1870,
...
Seguir lendo "Feminismo, Educación e Protección Social no Século XIX" »

Sdfter

Historia4,21 KB

liberalismo revolucionario:chamamoslle revolucions burguesas ao proceso de conquista do poder por parte da burguesia. O liberalismo revolucionario foi o pensamento en que se apoiaron as revolucions burguesas. Esta ideoloxia foi formulada por Montesquieu e Rousseau, dous conceptos esenciais:o concepto de separacion de poderes foi desenvolvido por Montesquieu, que defendia tres poderes(lexislativo, economico, e xudicial) e necesidade de evitar que unha mesma persoa ou institucion os acumulase. -- o concepto de soberania nacional foi exposto por Rousseau. Para Rousseau o poder corresponde a nacion, e dicir, ao conxunto dos cidadans. Pero os cidadans establecen un pacto co estado, que queda reflectido nun documento: a constitucion. Neste pacto
...
Seguir lendo "Sdfter" »

A Reforma Agraria Liberal e a Desamortización no Século XIX

Historia3,4 KB

A Reforma Agraria Liberal e as Desamortizacións

Estes documentos remóntanse ao século XIX, durante o reinado de Isabel II, nunha época na que había que asumir numerosas débedas, polo que tiveron que tomar medidas facendo unha reforma agraria: a desamortización. Nela produciuse unha venda pública dos bens rústicos e urbanos das chamadas "mans mortas" da Igrexa católica e das ordes relixiosas. Este foi un longo proceso.

Fases do Proceso Desamortizador

Neste proceso de desamortización diferéncianse tres fases principais.

A Desamortización Eclesiástica de Mendizábal (1835-1836)

A primeira foi entre 1835 e 1836, impulsada polo progresista Mendizábal, que levou a cabo a desamortización eclesiástica mediante dous decretos. O primeiro...

Seguir lendo "A Reforma Agraria Liberal e a Desamortización no Século XIX" »

España 1926-1936: Crise e Conflito

Historia2,21 KB

A Organización Corporativa do Traballo (1926)

En 1926, créase a Organización Corporativa do Traballo coa finalidade de regulamentar as relacións entre obreiros e patróns a través de comités paritarios.

A Asemblea Nacional (1927)

En 1927 constitúese a Asemblea Nacional, que tiña a función de elaborar e presentar os proxectos e leis ao Goberno.

Política económica de Calvo Sotelo

Baixo a dirección de Calvo Sotelo como Ministro de Facenda, lévase a cabo unha política baseada no intervencionismo estatal no marco do capitalismo.

A Proclamación da Segunda República

A proclamación da República permitiu o acceso ao poder do Comité Revolucionario, que se converteu en goberno provisional tras ter negociado a saída urxente de Afonso XIII...

Seguir lendo "España 1926-1936: Crise e Conflito" »

O Réxime Franquista: Orixes, Leis e Evolución (1939-1945)

Historia3,85 KB

O Réxime Franquista: Orixes e Caracterización

O réxime franquista funcionou en España, comezando a instaurarse xa na Guerra Civil, a cal remata coa vitoria do Bando Nacional. Os seguintes documentos enmárcanse na etapa azul, que se desenvolve durante a Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial. Podemos apreciar como o réxime xa está caracterizado como autoritario e totalitario, apoiado por unha coalición antirrepublicana formada polas familias do réxime, e que comeza a institucionalizarse cunha serie de Leis Fundamentais que rexeitan o liberalismo e o comunismo e apoian o nacionalsindicalismo e o nacionalpatriotismo.

A Etapa Azul: Autoritarismo e Nacionalsindicalismo

Xunto co nacionalpatriotismo, vaise consolidando o nacionalsindicalismo...

Seguir lendo "O Réxime Franquista: Orixes, Leis e Evolución (1939-1945)" »

A Segunda República Española: Fases e Reformas (1931-1936)

Historia2,63 KB

A Segunda República (1931-1936) intentou solucionar os problemas de España, modernizándoa e instalando un sistema democrático puro. Xorde ao final dun período de crises (1898, 1909, 1917, 1921).

Factores que contribuíron á tensión na Segunda República

  • Contexto internacional adverso.
  • Sociedade dividida e enfrontada.
  • Falta de consenso político.
  • Fragmentación política.
  • Problemas económicos.
  • Problemas coa Igrexa Católica.

Fases da Segunda República Española

Goberno Provisional (Abril-Xuño 1931)

O presidente foi Alcalá Zamora. Foi un goberno transitorio ata que se realizasen as eleccións. A misión principal foi convocar eleccións a Cortes Constituíntes que elaborarían unha Constitución.

Neste período iniciáronse as seguintes reformas:...

Seguir lendo "A Segunda República Española: Fases e Reformas (1931-1936)" »

A Segunda República Española: Reformas, Bienio e Fronte Popular

Historia10,12 KB

Como reformas deste período destacan:

A) Agraria

Pretendía solucionar a miseria da maior parte do campesiñado e modernizar a agricultura. Había dous proxectos: o republicano (foi o que se impuxo) quería respectar a propiedade privada e ós cultivadores directos, indemnizando ós afectados; e o socialista, que quería máis expropiacións e menos indemnizacións.

En 1932 apróbase a Lei de Bases da Reforma Agraria que permite a expropiación sen indemnización das terras dos grandes de España, e con indemnización as terras sen cultivar ou mal cultivadas. Os campesiños reciben as terras pero non poden vendelas nin arrendalas.

A Lei de Intensificación de Cultivos permite a cesión de terras non cultivadas ós xornaleiros, principalmente en...

Seguir lendo "A Segunda República Española: Reformas, Bienio e Fronte Popular" »

A Segunda República, o Réxime Franquista e os Poderes do Estado en España

Historia4,09 KB

A Segunda República (1931-1936)

A Segunda República desenvolveuse entre 1931 e 1936. Tras a caída da monarquía, o poder foi exercido por un goberno provisional formado por republicanos e socialistas. En 1931 celebráronse eleccións a Cortes, dando o triunfo á alianza gobernante. Tras aprobar a Constitución, o goberno estaba formado por republicanos de esquerda e socialistas, quedando fóra os republicanos de dereitas e centro.

Constitución de 1931

Defendía as bases do sistema e da organización territorial: establecía a soberanía popular, a autonomía de municipios e rexións, a separación da Igrexa e Estado, o recoñecemento de dereitos individuais e sociais e un sistema de economía mixta.

Laicismo e limitación do poder da Igrexa

Extinción...

Seguir lendo "A Segunda República, o Réxime Franquista e os Poderes do Estado en España" »