Conceptos Fundamentais: Arkhé e o Principio de Non Contradición
Noción de Ser Entendida como «Arkhé»
É dicir, como principio de todas as cousas, como o comezo temporal que permanece en canto substrato material, determinando o modo de ser da totalidade do real. Teses:
Que o principio de todas as cousas non pode ser el mesmo unha cousa, por dúas razóns:
Porque se fose unha cousa, tería que ter unha identidade propia e diferenciada da identidade das demais cousas, e entón xa non sería o que todas as cousas teñen en común, xa non sería o substrato último e común do que están feitas as cousas.
Porque se fose unha cousa, tería que estar determinada a través das súas relacións coas demais cousas e ocupar unha posición determinada dentro da orde do todo, e entón xa non sería o fundamento desa