Xéneros e Prosa Medieval Galega: Cantigas, Materia de Bretaña e Troia

Outras linguas estranxeiras3,17 KB

Xéneros da Lírica Galego-Portuguesa

Unisonantes

Cobras singulares: cada unha ten a rima diferente.

Cobras Dobres

Cobras dobras: cada parella de cobras ten a mesma rima.

Cobras Alternas

Cobras alternas: as palabras pares teñen unha rima e as impares outra.

Cobras Capfinidas

Cobras capfinidas: cada cobra comeza coa última palabra da anterior.

Cobras Capcaudadas

Cobras capcaudadas: a rima do último verso dunha cobra é a primeira do seguinte.

Cobras Capdenais

Cobras capdenais: repetir unha ou varias palabras no mesmo verso ou en versos sucesivos.

Cobras Retrogradadas

Cobras retrogradadas: a segunda cobra repite en orde inversa a distribución de rimas da primeira.

Xéneros Menores

Tenzón

Poema dialogado entre dous trobadores que teñen opinións distintas sobre un mesmo tema. As cobras adoitan ser cobras singulares.

Cantiga de Seguir

Imita outro poema xa existente. Pode imitar só a música e a rima, ou tamén o refrán.

Pranto

Pastorela

Descorde

Decadencia da Lírica Galego-Portuguesa

A morte do Conde de Barcelos, a caída das peregrinacións a Santiago, o illamento de Galicia e as loitas internas son as causas que provocaron esta crise. No século XV, a creación lírica galega vaise refuxiar nas cortes de Castela, e a literatura castelá vai impoñéndose.

Os textos da escola galego-castelá chegaron até nós conservados en cancioneiros castelás do século XV. Os máis importantes son os Cancioneiros de Baena, unha recompilación de 600 composicións.

Prosa Literaria Medieval

Prosa de Ficción

Materia de Bretaña

Historias en torno ao rei Artur e aos cabaleiros da Táboa Redonda. É coñecida como Demanda do Santo Graal e ten tres partes:

  • Xosé de Arimatea: narra a historia deste personaxe, quen recolleu o sangue de Xesús na copa utilizada na derradeira cea.
  • Merlín: narra as profecías do mago, que anuncia a chegada de tempos novos.
  • Demanda do Santo Graal: contan as aventuras dos cabaleiros da Táboa Redonda na procura do Graal.

Tamén hai un fragmento do Libro de Tristán que narra os trágicos amores entre Tristán e Iseo.

Materia de Troia

Narran a guerra de Troia, comeza coa conquista do Toisón e remata coa morte de Líses.

  • Crónica Troiana: tradución do castelán do século XIV.
  • Historia Troiana: século XIV, texto bilingüe.

Hagiografía

O texto máis salientable é unha versión do Códice Calixtino coñecida como Milagres de Santiago.

Historiografía

Textos traducidos ao castelán:

  • Crónica Xeral Galega (século XIII)
  • Crónica de Santa Iria (século XV)
  • Crónica de 1404
  • Estoria de Espanna (século XIV)
  • Libros de linaxes

Descargar

PDF Word HTML