Tstamntaria: concepto, caracteres e clases
T18.1. A tstamntaria: concepto, caracteres e clases
A abertura da sucesión preséntanse necesidades de resolver problemas inmediatos (enterramento, funeral, etc.), pero sobre todo a necesidade de velar pola correcta execución da vontade tstamntaria. Esta función compete ao chamado tstamntiro (albacea) sempre e cando se lle outorgue o nomeamento. De non ser así, aquelas funcións de velar pola execución da vontade tstamntaria corresponden a herdeiros tanto tstamntarios como ab intestato, e á falta destes correspondería á persoa nomeada ao efecto pola autoridade xudicial, tal e como establece o art. 701 CC.
No que atinxe ao albacazgo propiamente dito, o tstamntiro é a persoa nomeada polo testador coa función de executar o testamento tras a súa morte. Estamos ante un cargo fiduciario, isto é, un cargo baseado na confianza do testador, e un cargo de confianza. Trátase dunha figura moi próxima ao mandato, aínda que existen diferenzas:
- O mandatario é un suxeito que actúa nun contrato, o contrato de mandato, e realiza os encargos do mandante.
- O mandato é esencialmente revogable (art. 1732 CC); o albacazgo non.
- O mandato extínguese pola morte do mandante ou do mandatario (art. 1732); polo contrario, o albacazgo comeza precisamente cando morre quen fixo o encargo, isto é, a morte do testador.
- O mandato non é personalísimo, xa que é posible que o mandatario nomee un substituto se o mandante non o prohibiu (art. 1721). Polo contrario, o cargo de tstamntiro é personalísimo, non é delegable, tal e como establece o art. 909 CC.
Cómpre ter en conta, ademais, que o albacazgo é unha figura próxima á do contador-partidor ou comisario (art. 1057 CC). Pero, dada a escasa regulación do comisario ou contador-partidor, só un artigo, o 1057, aplicándose analogicamente no non previsto polo citado precepto as normas do albacazgo.
Polo demais, o comisario ou contador-partidor podería dicirse que é unha modalidade de executor testamentario; agora ben, o seu cargo está singularizado pola súa exclusiva función de partir a herdanza.
As principais características do albacazgo son a súa voluntariedade, gratuidade, carácter personalísimo e a súa temporalidade.
No que atinxe ás clases de albacazgo, o art. 894 CC distingue entre tstamntiro universal e tstamntiro particular:
- Universal: é aquel cuxa labor comprende a totalidade da execución testamentaria.
- Particular: é aquel a quen o testador lle encomenda funcións concretas e determinadas, como a de entregar os legados.
2. Facultades, deberes, prohibicións e responsabilidades do tstamntiro
Conforme ao art. 901, o tstamntiro ten todalas facultades que expresamente lle confire o testador, sempre que non sexan contrarias ás leis. Por outra banda, como establece o art. 903, se na herdanza non houbese diñeiro bastante para o pago de funerais ou legados, os albaceas están facultados para promover a venda de bens hereditarios.
Ademais, e se o testador non especifica as funcións encomendadas ao tstamntiro, terán como funcións as que determina o art. 902 CC; isto é, a disposición dos funerais, a satisfacción dos legados que consistan en metálico, a vixilancia do cumprimento do testamento, a súa defensa en xuízo e fóra del e a conservación e custodia dos bens hereditarios.
Ao termo da súa función, o albacea está obrigado a render contas aos bens hereditarios, ben aos herdeiros ou ben ante o xuíz, como establece o art. 907 CC. E como todo suxeito obrigado, o tstamntiro responde fronte aos herdeiros polos danos derivados do incumprimento, ou do cumprimento defectuoso das súas funcións.
3. Interpretación do testamento: criterios legais, interpretación integrativa e proba extrínseca
A interpretación do testamento é a actividade encamiñada á averiguación do sentido da declaración da vontade do outorgante. Trátase dunha labor que corresponde aos tribunais. Esta labor preside no CC polo principio de respecto absoluto á vontade do testador, pois a vontade tstamntaria é a lei da sucesión, e ese respecto absoluto á vontade do causante aparece claramente no art. 675 CC, cando sinala que toda disposición testamentaria deberá entenderse no sentido literal das súas palabras, a non ser que apareza claramente que foi outra a vontade do testador.
Existen no CC criterios legais de interpretación, dos que cómpre destacar os seguintes:
- O que establece o art. 772.3 CC, a cuxo tenor no testamento do adoptante a expresión xenérica fillo, fillos comprende aos adoptivos.
- O artigo 770 CC, segundo o cal, se o testador institúe aos seus irmáns e os teñen carnais ou de pai e nai (medio irmáns, irmanastros), estes últimos recibirán a metade que aqueles.
Recurso á chamada proba extrínseca: cando os datos subministrados polo testamento non sexan suficientes para aclarar o seu sentido, admítese o recurso a elementos externos ou estraños ao mesmo testamento, por exemplo cartas ou outros documentos, mesmo comportamentos do testador. Un exemplo de recurso á proba extrínseca brindado polo propio CC no seu art. 773, segundo o cal o erro no nome, apelido ou calidades do herdeiro non vicia a institución sempre e cando doutra maneira poida coñecerse quen é o instituído; así, por exemplo, se instituíu a Olivia como herdeira sen que exista persoa de tal nome no círculo do testador, bastará que se probe que tal era o modo en que o testador se dirixía a alguén en concreto.
Outro tipo de interpretación é a integrativa, que consiste en integrar a vontade do causante conforme ao exposto no testamento. Trátase, en definitiva, de resolver as continxencias que o testador non tivo presentes, para o cal indagamos as liñas esenciais da súa vontade a través de todo o testamento. Ademais, o CC contén diversas normas de integración, así a propia regulación do acrecemento baseada na hipotética vontade do testador que non chegou a prever o suposto de vacancia en algún dos chamamentos solidarios.
Tamén é outra norma de interpretación integrativa a que se infire do art. 798, segundo o cal cando fose imposible o cumprimento do modo testamentario nos mesmos termos ordenados polo testador, deberá cumprirse en outros termos, os máis análogos e conformes á súa vontade.
4. Ineficacia do testamento. 5. Nulidade do testamento.
A priori, cómpre advertir que o CC carece dunha regulación xeral sobre a ineficacia testamentaria; por esta razón é preciso acudir a diversos preceptos dispersos ao longo do seu articulado. Así, sucintamente, serían causas de ineficacia, mesmo de nulidade, a falta de capacidade para testar do outorgante.
Outra causa de nulidade é a existencia de vicios no consentimento, por exemplo testamento outorgado con erro, violencia, intimidación ou dolo.
Tamén a non observancia dos requisitos formais do testamento é outra causa de nulidade. A nulidade pode ser total ou parcial, segundo afecte a todo o testamento na súa integridade (nos casos de vulneración dos requisitos de capacidade, consentimento ou forma) ou ben cando a nulidade afecta só a algunha das súas cláusulas.
Lexitimación da acción:
- Activa: poderá ser exercitada por aqueles que acrediten un interese lexítimo por resultar favorecidos coa invalidez da disposición viciada.
- Pasiva: teñena os eventualmente favorecidos co testamento nulo e, no seu caso, os tstamntiros encargados de soster a validez do testamento (art. 902 CC).
No que atinxe ao prazo para o exercicio desta acción, tampouco está disposto no CC; polo tanto, acode a doutrina e a xurisprudencia ao respecto, e é opinión maioritaria considerar que o prazo para o exercicio da acción é o prazo xeral previsto no CC para as accións persoais, que é o prazo sinalado no art. 1964 CC, que é de 15 anos.
Sobre os efectos da declaración de nulidade do testamento: declarada a nulidade do testamento impugnado, abrirase a sucesión intestada de feito entre os supostos previstos no CC. Advírtese, non obstante, que isto é así salvo que exista un testamento anterior, en cuxo caso este recobra a súa validez, con fundamento no art. 739 CC; segundo o cal o testamento anterior queda revogado polo posterior perfecto. Logo, se o testamento posterior non fose perfecto (ao ser nulo), non revogaría o testamento anterior.
6. Revogación.
Unha das características esenciais do negocio xurídico testamentario é a súa revogabilidade. Así, o art. 737 CC sinala que toda disposición testamentaria é esencialmente revogable, aínda que o testador exprese no seu testamento a súa vontade ou resolución de non revogalo.
Cómpre advertir que esta revogación debe facerse coas solemnidades legais, pero isto non quere dicir, por exemplo, que un testamento ológrafo debera ser revogado por outro ológrafo.
Segundo a doutrina, cómpre distinguir entre a revogación expresa e a revogación tácita.
- Expresa: prodúcese cando o testador se limita a declarar a ineficacia dun testamento anterior.
- Tácita: ten lugar polo outorgamento dun novo testamento que resulte incompatible co anterior; así, o art. 739 CC declara que o testamento anterior quedará revogado de dereito polo posterior perfecto.
A xurisprudencia segue a liña da compatibilidade de testamentos: así, en ocasións coexisten dous testamentos, por exemplo se o segundo testamento se limita a fixar a contía dun legado ou a ordenalo. Por exemplo, no primeiro testamento instituíu herdeiro a A e no segundo testamento dispón a favor de B dunha finca. Así, tamén pode resultar que coexistan dous testamentos porque o segundo testamento non tiña contido patrimonial, por exemplo un segundo testamento que se limite ao recoñecemento dun fillo ou sexa un testamento interpretativo ou aclaratorio ou particional.
O art. 739.2º CC contempla o suposto chamado de reviviscencia do testamento revogado, ao sancionar que o testamento anterior recobra a súa forza se o testador revoga despois o posterior e declara expresamente a súa vontade de que valga o primeiro. Ademais, existe a chamada revogación legal do testamento cerrado, que aparece regulada no art. 742 CC: presúmese revogado o testamento cerrado que se atope no domicilio do testador destruído.
En canto á eficacia da revogación, a revogación dá lugar á ineficacia do testamento revogado, pero cómpre ter en conta que existen disposicións que, a pesar da revogación do testamento, non se revogan. Así, por exemplo, o recoñecemento dun fillo que se fai nun testamento revogado, así o sinala o art. 741 CC. E a xurisprudencia estende este suposto ao caso do perdón ao indigno.
7. Caducidade do testamento
Refírese esta cuestión ao suposto en que por imperativo legal ten lugar a ineficacia sobrevida do testamento, así por exemplo:
- Art. 703: os testamentos outorgados en perigo de morte ou en caso de epidemia quedarán ineficaces pasados 2 meses desde que o testador saíu do perigo de morte ou cesou a epidemia.
- Art. 704 CC: os testamentos en perigo de morte ou en caso de epidemia que se outorguen sen necesidade de autorización do notario serán ineficaces se con posterioridade non se eleva a escritura pública e se protocolizan notarialmente.