Tomé de Aquino: Teoloxía Natural e Filosofía Tomista

Filosofía e ética2,8 KB

Tomé de Aquino: Teoloxía natural tomista

  • Relixión: conxunto de crenzas doutrinais baseadas en textos "revelados".
  • Teoloxía: reflexión racional (filosófica) sobre o feito relixioso ou unha relixión.
    • Revelada: reflexión e interpretación dos textos revelados dunha relixión.
    • Natural: reflexión filosófica sobre a relixión sen basearse na "revelación".

Dialécticos e antidialécticos

Dúas posturas sobre as relacións entre razón (filosofía) e fe (dogma relixioso):

  • Antidialécticos: primacía da fe e non intervención da razón (S. Buenaventura).
  • Dialécticos: primacía da razón e o método dialéctico sobre a fe (averoístas latinos).

Tomé de Aquino, dialéctico moderado: razón e fe son fontes distintas (natural e sobrenatural), con contidos distintos:

  • Artigos da fe: só coñecidos por fe (a Trindade de Deus, a Encarnación…).
  • Preámbulos da fe: ademais de pola fe, poden ser coñecidos pola razón.

Ámbito común de intersección de razón e fe (contido da teoloxía natural):

  1. Existencia e esencia de Deus.
  2. Creación do mundo dende a nada e estrutura da realidade.
  3. Lei moral natural e lei positiva.

A razón esclarece as verdades da fe (iluminación) e deféndea con argumentos. A fe só é guía directiva (orientación) e correctiva (rectificación) da razón. En caso de contradición: revisar as conclusións racionais.

Principios filosóficos do tomismo

Tomé de Aquino adoptou e adaptou un conxunto de principios filosóficos maiormente aristotélicos, pero tamén doutras procedencias:

  • a) Aristotélicos: substancia/accidentes, materia/forma, potencia/acto, as catro causas, a concepción antropolóxica, a teoría empirista do coñecemento, a división do saber, a distinción teórico/práctico e a sociabilidade natural humana.
  • b) Platónicos: concepto de participación, noción de causalidade exemplar e a teoría dos graos do ser.
  • c) Neoplatónicos: a teoría da emanación do ser a partir do Un.
  • d) Principios da filosofía árabe: a distinción entre esencia e existencia, e a radical continxencia do mundo (Alfarabi e Avicena).

Teoloxía existencial e esencial

  • Teoloxía existencial: demostración convincente da existencia de Deus.
  • Teoloxía esencial: investigación dos atributos ou calidades esenciais de Deus.

Descargar

PDF Word HTML