Substitución, normalización e prexuízos lingüísticos

Lingua e literatura2,93 KB

Substitución e normalización lingüística

A substitución lingüística prodúcese cando a lingua dominante substitúe á outra en todos os ámbitos da sociedade mediante un proceso gradual que culmina coa desaparición da lingua minorizada. A normalización lingüística implica normalizar a lingua minorizada, estendendo o seu uso a ámbitos dos que estivo afastada, promovendo o seu uso e protexendo os dereitos lingüísticos dos seus falantes. Calquera proceso de normalización persegue dous obxectivos fundamentais:

  • Ampliar os seus ámbitos de uso.
  • Aumentar o seu número de falantes.

Isto require o recoñecemento legal da lingua minorizada e o compromiso e implicación dos poderes públicos na súa protección e promoción.

Prexuízos lingüísticos

O prexuízo lingüístico baséase na creación dun estereotipo negativo do falante dunha lingua, que na maioría dos casos acaba influíndo no comportamento lingüístico, producindo unha actitude de discriminación. O estereotipo relaciónase co pensamento; é o conxunto de crenzas que temos sobre algo. Son útiles e mesmo imprescindibles para o coñecemento humano porque permiten, mediante a simplificación, abranguer a complexidade do mundo en clases e, en función de diversos criterios e a atribución a cada clase dunha serie de características, categorizar a realidade.

Prexuízos cara á lingua galega e os seus falantes

  1. Os relacionados coa propia capacidade lingüística en galego.
  2. Caracterización pexorativa do galego normativo: é artificial, as normas cambian constantemente, hai diferentes normativas.
  3. Caracterización pexorativa do galego:
  • Lingua rural, de pobres e ignorantes, ruda, fea e non válida para a escrita e a cultura.
  • Lingua de xente maior, non válida para os tempos modernos e o progreso.
  • Excepción: neofalantes e profesionais da lingua.

Conclusión: o galego é unha lingua marcada socialmente; o castelán, unha lingua neutra.

Neofalantes e galego normativo

Existe o prexuízo de que os neofalantes falan o galego normativo artificial, falan o galego por necesidade profesional, para presumir, por moda ou por exhibicionismo ideolóxico.

Consecuencias dos prexuízos

  • A primeira palabra debe ser en castelán, como norma de cortesía cos descoñecidos, xente de fóra, clientes, etc.
  • O que ten que cambiar de lingua é o galegofalante; non se aceptan conversas bilingües, nin se contempla que cambie o que fala castelán.
Argumentos contra o proceso de normalización lingüística

Existe a percepción de que o galego se está a impoñer, o que atenta contra a liberdade individual e o dereito á elección de lingua. Arguméntase que a imposición do galego se leva a cabo no sistema educativo e no ámbito laboral.

Descargar

PDF Word HTML