Rosalía de Castro: Biografía e Obra Literaria en Galego
Rosalía de Castro
A obra literaria en galego que se conserva de Rosalía de Castro comprende dous libros de poema, Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880), e un texto narrativo, o Conto gallego (1864)Cantares gallegosO 17 de maio de 1863 publícase o primeiro libro monolingüe da literatura galega contemporánea: Cantares gallegos. Esta obra lírica consta dunha dedicatoria en castelán a Fernán Caballero, un prólogo en galego e un conxunto de 36 composicións poéticas.O primeiro poema e o último, que funcionan como introdución e despedida, están postos en boca dunha 'meniña gaiteira'; no primeiro poema, a voz poética convida a meniña a que cante e esta acepta cantarlle a Galicia; a rapaza pide desculpas polas posibles imperfeccións e admite que, se lle faltou graza, sobroulle o sentimento.-Poemas costumistas: Mostran o xeito de vivir das xentes humildes, escenas da vida campesiña, como romarías, paisaxes, vivencias amorosas...-Poemas político-sociais: Denuncian a marxinación de Galicia por parte do poder central, a miseria dos campesiños, a emigración, o caciquismo, a situación das mulleres e as burlas de que eran obxecto.-Poemas intimistas: De carácter máis subxectivo e expresan vivendas fondas (como a infancia) que xeran sentimentos de dor e de saudade.