Psicología Conductista: ABC, Aprendizaje y Habituación

Outras linguas estranxeiras2,15 KB

O ABC da psicoloxía conductista

O conductismo comezou a principios do século XX. Pretende enfocar a psicoloxía dun modo científico, como unha ciencia natural; por iso, os conductistas estudan as condutas observables e medibles dun individuo. Traballa con animais como punto de partida para a investigación e dá por suposta a continuidade home-animal. O individuo non é máis que un conxunto de respostas dadas ante uns estímulos determinados. Unha planificación adecuada do conxunto de estímulos necesarios pode inculcar no suxeito a conduta desexada.


Que é a aprendizaxe

A aprendizaxe é un cambio relativamente permanente no comportamento fruto da experiencia. A aprendizaxe depende da dotación biolóxica do cerebro e dos estímulos que recibimos do contorno. Agora ben, os psicólogos distinguen entre a aprendizaxe e a execución, é dicir, practican o aprendido. O proceso de aprendizaxe, como proceso interno, non é observable; mentres que a execución pode observarse e medirse. Dos cambios na realización ou modificacións no comportamento observable infírese a aprendizaxe.


Procesos de habituación e sensibilización

A aprendizaxe non asociativa é o tipo máis básico de aprendizaxe e aparece en todos os animais. Este tipo de aprendizaxe axuda a organizar e dirixir a conduta para que resulte eficaz, reducindo a reacción ante estímulos irrelevantes e aumentándoa ante estímulos relevantes. Hai dous tipos: a habituación e a sensibilización.

Habituación

A habituación consiste na diminución da resposta ante un estímulo como consecuencia da experiencia repetida con dito estímulo. Por exemplo, as persoas que teñen un reloxo de parede non advirten o seu son porque están afeitas a el, pero prestan atención se deixa de soar por algunha razón.

Sensibilización

A sensibilización é o incremento na reacción ante os acontecementos ambientais. O aumento do nerviosismo mostrado por algúns estudantes ante un exame pode deberse á sensibilización.

Descargar

PDF Word HTML