Programas bilingües: modelos, historia e tipos

Dereito3,32 KB

Programas bilingües

Ata os anos 60, houbo unha política autoritaria que impoñía a lingua maioritaria. Os programas que existían eran de submisión: escolarización forzada na lingua maioritaria. Os nenos falantes de lingua minorizada vivían situacións complexas. Non estaba admitido o uso da L2. O efecto disto nos nenos falantes de lingua minoritaria era pernicioso.

Outro sistema aínda peor era o sistema de segregación. En Alemaña, aos fillos de inmigrantes turcos dábanlles clases en turco para que non se mezclasen cos alemáns. O mesmo ocorría en Sudáfrica antes de Nelson Mandela.

Experiencias nos anos 60 e programas de inmersión

Nos anos 60 producironse experiencias interesantísimas no uso das linguas:

  • Canadá, en Quebec (a lingua de prestixio era o francés). Nunha escola privada, os pais tiñan un estatus socioeconómico elevado e eran anglófonos. Os pais eran moi descontentos co sistema de ensinanza do francés. Eran persoas conscientes da ruptura entre a comunidade anglófona e francófona. Asesoráronse e usaron os sistemas chamados programas de inmersión.

Consistían en que, cando os nenos entraban na escola (5 anos), eran instruídos só en francés. Iso durante a preescola, 1.º, 2.º e 3.º de primaria, e daban lles clases de inglés como materia. Os nenos podían expresarse na lingua que quixesen.

A partir de 4.º, introduciuse o uso do inglés como lingua de instrución (lingua vehicular). Había un reparto das dúas linguas no resto da escolarización (60% inglés, 40% francés).

Avaliación dos resultados

A avaliación que se fixo era: nivel de coñecemento de francés e inglés e nivel de coñecemento escolar.

  1. Comparándoos con nenos escolarizados en inglés, o seu nivel de coñecemento era igual.
  2. O nivel de coñecemento do inglés era igual.
  3. O nivel de coñecemento do francés era superior neste sistema e adicionalmente tiñan unha sensibilidade maior cos francófonos.

A raíz disto, tratouse de aplicar isto a outros lugares. Cando se usaban en nenos falantes dunha lingua minoritaria e de contextos socioculturais baixos, os resultados eran peores.

Programas bilingües sensu stricto

Para evitar estes efectos perniciosos na instrución da segunda lingua, comezaron a desenvolverse unha serie de programas bilingües sensu stricto:

a) Programas bilingües de transición

Parten de que o que hai que facer primeiro é procurar un bo dominio da L1. Os nenos eran escolarizados na súa L1 e despois daban lles clases de inglés como materia. A continuación había un reparto do uso do inglés e do español. Despois dun tempo de transición, a lingua que se usaba era a maioritaria (inglés). Se se producía a transición, ao final o individuo só usaba o inglés. O obxectivo é que os individuos se instalen nunha lingua diferente.

b) Bilingüismo de mantemento

A idea é que os nenos usen as dúas linguas. Os nenos son escolarizados na 1.ª lingua. Logo introdúcese a maioritaria (inglés). E cando comeza a introdución do inglés, o reparto do uso do inglés e español é o mesmo durante todo o tempo ao longo de toda a educación.

Este programa, a nivel abstracto, é o que se usa na nosa sociedade.

Descargar

PDF Word HTML