Pragmática e Actos de Fala: Guía Completa en Galego

Dereito3,29 KB

Pragmática e Actos de Fala

Pragmática: Parte da lingüística que estuda a lingua no seu contexto de uso (por exemplo, como fala a xente). Proceso comunicativo: Un falante (emisor) lanza intencións comunicativas e un receptor interpreta esas intencións. O receptor intenta interpretar adecuadamente as intencións, pero pódense producir malentendidos comunicativos (por xestos ou pola forma verbal).

Teoría dos Actos de Fala

A fala como acción

Serve para actuar sobre o mundo/cousas/persoas. Por exemplo: poñerse de acordo para quedar. As dúas ideas máis importantes da pragmática son a fala como acción máis a intención comunicativa.

A clasificación de Austin

Austin clasificou os actos de fala en:

  • Actos constatativos: criterio de verificación. Son actos descritivos do estado do mundo (obxectivos). Son actos verdadeiros. Proba de verificación: así comprobamos se un enunciado é verdadeiro ou falso.
  • Actos realizativos: dependen das condicións de éxito e fortuna (de que o emisor sexa adecuado, nun momento e cuns receptores adecuados).

Actos locutivos, ilocutivos e perlocutivos

  • Actos locutivos: é unha estrutura gramatical sen intención comunicativa. Por exemplo, un ave parlante.
  • Actos ilocutivos: é un acto locutivo máis unha intención comunicativa. Por exemplo, ¡viva España!
  • Actos perlocutivos: é un acto ilocutivo máis un efecto perlocutivo (é dicir, unha reacción, un sentimento que se crea no receptor).

A clasificación de Searle (1976) dos actos ilocutivos

Os actos:

  • Representativos ou asertivos: afirmar, negar, etc. Consisten na emisión de xuízos sobre as cousas que nos rodean.
  • Directivos: realízanse para intervir na conduta do oínte/receptor. Por un lado están os impositivos, que teñen como finalidade beneficia-lo falante (emisor), e son por exemplo prohibir, ordenar, pedir. Por outra banda, están os non impositivos, que teñen como finalidade beneficia-lo oínte (receptor), e son por exemplo aconsellar, advertir…
  • Comisivos: comprometen ó falante a realizar unha acción futura derivada do contido proposicional. Prometer, convidar, ameazar.
  • Expresivos: manifestan estados psicolóxicos (actitudes) do falante/emisor. Saudar, agradecer, felicitar, queixarse.
  • Declarativos: producen cambios extralingüísticos en estados de cousas institucionalmente establecidas. Homologar, suspender, absolver, declarar.

Actos de fala directos e indirectos

Un acto de fala directo é aquel que se formula directamente (non se formula a través dun segundo acto de fala). Por exemplo, “teño frío” sen intención de que peches a ventá. Un acto de fala indirecto realízase a través dun acto directo ou pola mediación dun segundo acto. “Teño frío”, coa intención de que peches a ventá.

Actos de fala literais e actos non literais

Un acto de fala literal é aquel que se produce cando a miña intención comunicativa coincide coa literariedade das palabras que uso. Un acto non literal é aquel no que a intención comunicativa é a contraria da literariedade das palabras que uso, como por exemplo a ironía.

Descargar

PDF Word HTML