Pensamento, Ciencia e Arte no Século XIX: Socialismo, Romanticismo, Realismo e Impresionismo

Música4,06 KB

Pensamento, Ciencia e Arte no Século XIX

Pensamento

Pensamento social

Socialismo utópico

Os socialismo utópico propón solucións sen conflito, a través de pequenas comunidades e do cooperativismo. Son grupos illados.

Socialismo marxista (1840)

Defende que o proletariado debe organizarse nun partido propio. Burguesía e proletariado están enfrontados polo poder.

Anarquismo

Propón a ausencia de todo poder establecido, en contra de todas as institucións (igrexa, estado...). Defende a espontaneidade das masas, o individualismo e a acción directa.

Organización obreira

En primeiro momento, os obreiros volvéronse contra as máquinas (ludismo). Nun segundo momento, decatáronse de que era preciso cambiar as leis e utilizar a vía electoral e o parlamento.

Tipos de organización obreira

Xorden como necesidade de reforzar a solidariedade internacional:

  • 1ª Internacional: AIT, fundada en Londres en 1864. Nela dase un enfrontamento entre anarquistas, socialistas e os gobernantes europeos.
  • 2ª Internacional: reúnese en París en 1869. Partido e organizacións sindicais.

Tres grandes acordos: 1) o 1 de maio, día dos traballadores; 2) expulsión dos anarquistas; 3) condena do imperialismo e da política belicista dos gobernantes burgueses.

Ciencia

Ciencias naturais

Darwin: evolución e selección das especies.

Ciencias sociais

A prensa desenvólvese e xeneralízase.

Psicoloxía

Freud.

Arte

Romanticismo

Previa

Débese entender como unha actitude ante a vida.

Características

Defende a emoción e os sentimentos, valorando máis os sentimentos que a razón. Exaltación do individualismo e grande desenvolvemento do nacionalismo. Dá unha nova estética: renuncia ao clásico e busca paisaxes agrestes, lugares afastados e evocación de tempos pasados.

Artes
  • Pintura: grande preocupación pola luz e a cor. Géricault, Delacroix, Turner.
  • Música: Mendelssohn, Beethoven, Chopin, Schumann, Liszt, Schubert, Brahms.
  • Ópera: Wagner, Tristán e Isolda, onde se contan mitos e lendas da cultura alemá. Verdi, ídolo da loita italiana pola unificación: Aida e Traviata, con personaxes populares.
  • Arquitectura neogótica: busca modelos do medievo (gótico).

Realismo

Previa

Xorde en Francia despois da revolta de 1848. É unha reacción fronte ao romanticismo.

Características

Retrata a realidade: traballos no campo, vida cotiá burguesa. A máxima expresión do realismo leva ao naturalismo de finais de século.

Pintura
  • Courbet: introduce escenas da vida cotiá nos salóns.
  • Millet: predomina a temática rural (As espigadoras).
  • Daumier: inicia a crítica satírica á sociedade burguesa (Vagón de terceira clase).

Impresionismo

Pintura

Características: o seu obxectivo é captar a impresión que produce a visión da natureza nun momento concreto. Importancia da luz e da cor. Pinta a paisaxe cotiá ao aire libre, con pinceladas rápidas, captando a luminosidade atmosférica e utilizando cores básicas.

Autores: Sisley, Monet, Renoir, Degas.

Post-impresionismo

A finais do século XIX téntase superar o impresionismo a través do puntillismo (descomposición en puntos de cores puras) e de novas propostas, vangardas do século XX: Cézanne, Gauguin, Van Gogh, Toulouse-Lautrec.

Escultura

Rodin: O bico, O pensador.

Música

Debussy, Ravel.

Arquitectura modernista

Predomina a liña curva e a decoración baseada en formas vexetais. Autores: Víctor Horta, Gaudí, Otto Wagner. Do ferro e o cristal, Eiffel.

Descargar

PDF Word HTML