A Narrativa Galega Post-1975: Evolución, Autores e Tendencias Clave

Outras linguas estranxeiras2,97 KB

A Narrativa Galega Post-1975: Evolución e Consolidación

A chegada da democracia en 1975 trouxo consigo a legalización da lingua galega, a súa obrigatoriedade nos centros escolares, proxectos editoriais e premios literarios. Moitos dos narradores desta época iniciáronse como poetas, pero o singular desenvolvemento que tivo a narrativa e a súa promoción fixeron que se descubrisen como narradores. Este feito favoreceu que houbese máis publicacións durante os últimos anos do século XX, así como o aumento do público lector, pasando a narrativa a liderar a produción literaria.

A Narrativa dos Anos 80: Emerxencia de Voces Clave

A narrativa dos 80 fai xurdir novas tendencias, pero é preciso destacar a Méndez Ferrín e Carlos Casares. Ferrín publica Arnoia, Arnoia, unha denuncia á realidade galega e ao poder destrutivo da violencia. Casares, con Ilustrísima, relata a intransixencia da Igrexa diante da instalación dun cine nunha vila galega. Tamén publica obras ambientadas na Guerra Civil, como Os mortos daquel verán. Increméntase a literatura infantil e xuvenil, con autores como Agustín Fernández ou Paco Martín, con As cousas de Ramón Lamote.

A Narrativa dos Anos 90: Consolidación e Novas Liñas

A narrativa dos 90 consolida o xénero narrativo e mantén moitas tendencias da década anterior, onde seguen tendo importancia xéneros como a novela memorialista, histórica e, ademais, xorde o diario. As tendencias máis destacadas son a consolidación da novela policial e experimental. Nestes anos, a narrativa galega caracterízase pola exploración de novos campos temáticos.

Tendencias Temáticas e Xéneros Innovadores

A narrativa ruralista case desaparece, xurdindo novas liñas temáticas como a ciencia ficción (por Ramón Caride), a erótica (coa obra Anel de mel de Valcárcel), a sentimental (con Ramón Fonte) e a western (coa obra A morte de Frank González a mans de Xosé Fernández). O de maior difusión é a novela policial para o público xuvenil, como Crime en Compostela de Reigasa. Tamén destaca a narrativa humorística de Gonzalo Navaza con Erros e Tánatos. Outra das liñas que cultivaron é a narrativa urbana e experimental, onde destaca Suso de Toro con Non volvas.

Fenómenos Destacados e Autores Relevantes

Un dos fenómenos exclusivos da nosa literatura foi a literatura bravú, que é unha realidade e un movemento musical e cultural galego. Outros representantes foron: Manuel Rivas (O lapis do carpinteiro), Suso de Toro (Tic-Tac)... Todos eles teñen un recoñecemento aquí e fóra de Galicia por pertencer aos mellores momentos da nosa narrativa.

Descargar

PDF Word HTML