O Método de Descartes para a Verdade: Intuición, Dedución e as Catro Regras
O Racionalismo de Descartes e a Busca da Verdade
Debido ao seu racionalismo, Descartes defende os axiomas, que son verdades que non necesitan explicación, baseadas no coñecemento universal.
O Método Dedutivo-Matemático
O obxectivo de Descartes é buscar un método para chegar á verdade, e atópao no método dedutivo-matemático, que parte de que existen dous graos de coñecemento:
A Intuición
É unha especie de instinto natural a través da cal captamos a razón, e que se corresponde coas verdades innatas contidas na mente. Descartes a estas ideas denomínaas “ideas claras e distintas”.
A Dedución
Consiste en ir conectando unhas ideas claras e distintas coas outras para formar razoamentos. Afirma que a razón humana, a partir das súas propias ideas, pode construír por si mesma o saber a través do método dedutivo-matemático.
As Catro Regras do Método Cartesiano
Partindo destes graos de coñecemento, Descartes busca as catro regras que debe seguir o método para chegar á verdade:
Evidencia
Segundo Descartes, o evidente é o verdadeiro, e para el iso son as “ideas claras e distintas”.
Análise
Consiste en chegar ás ideas claras e distintas para alcanzar a verdade a través da intuición.
Tanto a Evidencia como a Análise pertencen ao grao de coñecemento da Intuición.
Síntese
Consiste en reconstruír o problema inicial. Descartes relaciona esta regra co método dedutivo-matemático de Euclides, do que se parte duns principios (as ideas claras e distintas e a dedución), os cales se van unindo para chegar de novo ao problema inicial, pero desta vez con coñecemento.
Enumeración
Consiste en facer unha comprobación de todo o proceso ata estar seguros de que non esquecemos nada.
Tanto a Síntese como a Enumeración pertencen ao grao de coñecemento da Dedución.
A Busca da Certeza e a Mathesis Universalis
A través deste método, Descartes busca a certeza, a imposibilidade de dubidar. Afirma isto porque o Renacemento, movemento histórico ao que pertence, era unha época na que se temía o erro.
Co obxectivo de conseguir unha ciencia universal, Descartes chega ao método a través das matemáticas, á cal denomina Mathesis Universalis. Defínea como a ciencia xeral da orde e da medida que comprende, ademais da xeometría, a óptica, a música e incluso a filosofía.