O Materialismo Histórico: Crítica do Novo Ser Humano

Filosofía e ética3,66 KB

O Materialismo Histórico

Crítica do Novo Ser Humano

A concepción materialista da historia chámase materialismo histórico. O defecto do materialismo premarxista é concibir o obxecto como unha identidade independente do suxeito, pasivo e cunha actitude de contemplación teórica. O idealismo alemán enfatiza o papel activo do suxeito e a mediación dialéctica entre obxecto e suxeito pero reduce a actividade deste ao pensamento. Para Marx a actividade do ser humano é a distinguindo un dobre significado de praxe:
  1. A praxe produtiva establece a mediación dialéctica entre o ser humano e a natureza, xa que Marx non considera a natureza con independencia da actividade humana.
  2. A praxe revolucionaria consiste na transformación do mundo histórico e social mediante a revolución.

Infraestrutura e Superestrutura

A interpretación materialista da historia ten un significado científico. Marx, xunto con Engels, fixo un primeiro esbozo do materialismo histórico cuxa tese central afirma que é a produción material que dirixe a historia. Non é o mundo espiritual senón a vida material, o mundo da economía, o máis importante da historia. A formulación máis detallada sobre o materialismo histórico formúlase e superestrutura a finais dos anos cincuenta, onde a historia humana é a evolución dialéctica de diversos modos de produción: o asiático, o antigo, o feudal, e o capitalista.
Un modo de produción é unha totalidade que consta de dúas partes: a infraestrutura e a superestrutura. A estrutura económica ou infraestrutura é a base material sobre a que se levanta a superestrutura. Está formada por dous elementos: as forzas produtivas, que comprenden os medios de produción e os traballadores, e as relacións de produción, relacións sociais e económicas entre propietarios e productores. Estas foron relación de explotación que deberán desaparecer nunha sociedade futura. A superestrutura comprende dous niveis: a estrutura xurídico-política, relacionado co dereito e co Estado, e a estrutura ideolóxica, que comprende diversas formas de conciencia social.
A tese central do materialismo histórico afirma que en cada época histórica, en cada modo de produción, a infraestrutura económica condiciona a superestrutura. O elemento substantivo é a economía. A produción material condiciona a xurídica e política, e as diversas formas de ideoloxía gardan relación coa base económica. Marx afirma que non é a consciencia dos seres humanos a que determina a súa realidade, senón o ser social o que determina a súa conciencia.
Hai unha relación de interacción mutua entre a base e a superestrutura, podendo esta influír sobre a base. O paso dun modo de produción a outro dáse mediante unha revolución. O cambio histórico débese á contradición entre as forzas produtivas e as relacións de produción. As contradicións económicas son as que fan evolucionar a historia e permiten o paso dun modo de produción a outro.

A Estrutura Xurídico-Política: Teoría do Estado

Primeiro nivel da superestrutura formado polos aparatos, institucións e normas xurídica, que regulan o funcionamento da sociedade sendo a máis importante o Estado. O Estado ten natureza clasista: é un instrumento de represión e de dominio ao servizo das clases dominantes. Se para Hegel o Estado superaba as contradicións, harmonizaba os intereses e era a encarnación da razón, para Marx todas as formas históricas de Estado son a expresión política da dominación dunha clase sobre a outra.

lase sobre a outra.

Descargar

PDF Word HTML