Marxismo e Tratados de Paz: Unha Análise Histórica
Marxismo
Orixes e Bases
O marxismo toma o nome de Karl Marx quen, xunto a Friedrich Engels, a mediados do século XIX, cualificou o primeiro pensamento socialista de utópico e elaborou unha teoría que era un programa de acción para cambiar a sociedade: o socialismo científico. O seu corpus doutrinal tivo un primeiro referente no Manifesto Comunista, publicado en Londres en vísperas da revolución do 1848. A análise da realidade política e social, o estudo do capitalismo e a práctica política de Marx, na organización de sociedades obreiras, posibilitaron a elaboración da teoría marxista.
O marxismo aséntase sobre tres grandes eixes:
- A análise do pasado a través da loita de clases: o antagonismo entre opresores e oprimidos considerado o motor do desenvolvemento histórico. Esta condición orixinábase nas relacións sociais de cada etapa histórica.
- A crítica do presente en función da análise do sistema capitalista: na súa obra O Capital explicou que o traballo do obreiro xera un beneficio superior ao salario que percibe, que permanece en mans do capitalista, que reinviste unha parte en mellorar os medios de produción e se apropia do resto. A vontade de incrementar o beneficio supón unha constante innovación tecnolóxica para aumentar a produción, pero iso leva a constantes crises de sobreprodución e as grandes empresas eliminan as máis débiles. A necesidade de superar este presente asóciase a un proxecto de futuro.
- A ditadura do proletariado: Abríase deste xeito unha situación transitoria de ditadura do proletariado para conseguir a desaparición de todas as clases e construír unha sociedade igualitaria.
Os Tratados de Paz
Contexto e Consecuencias
Os intereses dos vencedores reunidos en París diverxían nalgúns cuestións. Wilson quería impoñer unha paz fundada no dereito e no respecto ás nacionalidades, liberdade de comercio e desarme, destrución dos imperios e consolidación da democracia. Mentres, os europeos eran máis proclives á defensa dos seus intereses particulares.
O máis importante dos tratados foi o de Versalles, que se elaborou partindo da base de que Alemaña era responsable do conflito e, xa que logo, non foi resultado dunhas negociacións, senón dunha imposición, diktat segundo os alemáns. Ademais, impúxoselle a Alemaña o pagamento de fortes reparacións de guerra para compensar as destrucións nos países vencedores.
Ademais do acordo de Versalles, outros tratados ocuparonse do resto dos vencidos. Así, polo de Saint-Germain, Austria perdía todos os territorios eslavos e convertíase en república. Polo Tratado de Neuilly, Bulgaria cedíalle parte dos seus territorios a Grecia. Por último, o Tratado de Sèvres impúñalle ao Imperio Turco a cesión de territorios a árabes e gregos.